xornal escolar

O Instituto Valadares traballa a educación xeito integral

20171120232516847
photo_camera O alcalde Abel Caballero compartendo actividades cos alumnos do instituto

O centro de Educación Secundaria ofrece, na actualidade,  servizo escolar  a un total de 350 escolares vigueses, que viven nas parroquias cercanas de Valadares, Zamáns, San Paio de Navia, Matamá e Castrelos.
 

O IES Valadares é un centro público situado no barrio da Sobreira na Parroquia de Valadares, moi preto do Parque Tecnolóxico de Valadares, a Universidade de Vigo e o Hospital Álvaro Cunqueiro. Este centro da ESO ofrece servizo escolar a un total de 350 alumnos, fundamentalmente das parroquias de Valadares, Zamáns, Matamá, Castrelos e Navia.  Dende o seu comezo no curso 1999/2000 o instituto foise adaptando ás novas tendencias en educación apostando por unha ensinanza baseada na atención á diversidade, o uso das novas tecnoloxías e unha ensinanza e avaliación do alumnado entendida dun xeito integral e considerando sempre as súas capacidades básicas.
Contorno
O IES Valadares está situado nun contorno natural privilexiado. Isto permíte ao alumnado desprazarse facilmente até os montes veciños, Galiñeiro, Alba, Cepudo, para realizarmos actividades na natureza. Por outra parte, e xa no interior do instituto, nos terreos que bordean as pistas ao aire libre contan con árbores, piñeiros, sobreiras que plantamos ano a ano e castiñeiros, mesas de madeira debaixo das árbores e paseos con herba. Un contorno eminentemente "natural e saudable". O centro destaca polo seu ambiente de convivencia tranquilo e solidario. A conflitividade entre o alumnado é realmente escasa e intranscendente, polo que o día a día faise doado. O trato entre o profesorado e o alumnado é próximo, o mesmo que coas familias. Reunións, chamadas telefónicas e varias aplicacións informáticas son ferramentas diarias que utilizan para a comunicación entre instituto e familias. Pensan que canta máis colaboración haxa entre familia e centro, mellores resultados académicos e persoais terá o alumnado. Por iso, dan moita importancia ao gran traballo que se leva a cabo dende as tirorías. O plan de acción titorial é  un piar fundamental da boa convivencia; o profesorado titor é escollido con coidado e traballa coordinado co equipo de orientación.  Proxectos de solidariedade, igualdade e respecto forman parte do día a día.  Dende o centro tentan, que a participación do alumnado en tarefas de representación e responsabilidade, xunta de delegad@s, consello escolar, tarefas de vixilancia e reciclaxe e limpeza de zonas comúns, lles faga tomar conciencia da necesidade da súa implicación para acadar os logros de cara ao seu futuro. Formar persoas activas, participativas  na sociedade, maduras, responsables, críticas e que acaden uns bos resultados académicos, é a súa finalidade. Algo que les  caracteriza é como organizan o paso da Educación Primaria a Educación Secundaria. Preparan charlas nos colexios para explicar ás familias o funcionamento do centro e da ESO en xeral e visitan as aulas de 6º e manteñen charlas cos futuros alumnos, invitando ao alumnado a visitar o instituto.
INSTITUTO.
dos colexios adscritos a celebracións especiais (Día da Paz e Día do Libro) para que vaian coñecendo o instituto antes de vir. Temos unha xornada cos alumnos de 6º a final de curso de portas abertas con exposicións e obradoiros. E ademáis unha visita guiada polo centro para as familias. 

Te puede interesar