Innovación educativa a través do traballo por proxectos

A Consellería de Cultura e Educación da Xunta vén de resolver a convocatoria dunha nova edición do Plan Proxecta , que implica este ano a 428 centros de ensino de todala comunidade e a un 10% máis de alumnos.

O obxectivo do plan é avanzar no desenvolvemento da innovación educativa.
O obxectivo do plan é avanzar no desenvolvemento da innovación educativa.
Innovación educativa a través do traballo por proxectos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de resolver a convocatoria do Plan Proxecta para o curso 2016/17, no que 90.939 alumnas e alumnos (un 7% máis ca no curso anterior) se implicarán nalgún dos 41 programas diferentes que compoñen esta iniciativa.
 En total participan no Proxecta 428 centros de ensino, que desenvolverán 791 proxectos distintos coa colaboración de máis de 5.300 docentes.
Por provincias, 150 centros de ensino coruñeses desenvolverán 275 proxectos, e 65 centros lucenses realizarán 133. En Ourense o número de centros participantes é de 58, que desenvolverán 110 proxectos; mentres que en Pontevedra están implicados 155 centros, cun total de 273 iniciativas. 
A relación de colexios que desenvolven cada programa pode consultarse no Diario Oficial de Galicia, no enlace http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161228/AnuncioG0164-201216-0005_gl.html .
Por número de centros participantes, os programas máis exitosos son ‘PDC (proxecto deportivo de centro)’, con 185 centros participantes; ‘Aliméntate ben’, con 80; ‘Aulas I+I: Inclusivas e Igualitarias’, con 45 centros implicados; e as iniciativas ‘MeteoEscolas’ e ‘Proxecto Terra’, con 40 cada unha delas. Pode obterse información sobre os 41 programas no portal educativo, no enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta  .
 No curso 2015/16 participaron no Plan Proxecta 418 centros de ensino, 85.286 alumnos e 5.289 profesores.
Novidades
Este curso 2016/17 incorporáronse nove novos programas, dos que tres son impulsados por Cultura e Educación:  ‘Proxectos de innovación en dinamización lingüística’, un programa de fomento da innovación nos impulsos educativos innovadores que impliquen o uso da lingua galega e o coñecemento cultural que garanta a plena competencia comunicativa; ‘Cined’, para o fomento do coñecemento do patrimonio audiovisual europeo; e ‘Educación en valores e cidadanía global’, de promoción e defensa dos dereitos da infancia e do exercicio da cidadanía global e responsable.
Outras iniciativas
Outras tres das nove iniciativas novas son impulsadas polo departamento de Política Social. ‘Voluntariado miúdo’ promove a adquisición de competencias a través de proxectos de acción voluntaria que permitan fortalecer a educación en valores solidarios dende realidades concretas adaptadas ás idades do alumnado, mentres ‘Aulas I+I’ é un programa que desenvolve estratexias a prol da inclusión das persoas con capacidades diferentes nas aulas dos diferentes centros educativos. 

Pola súa parte, ‘Conecta Cultura’ ofrece un marco de reflexión e acción para dotar de ferramentas didácticas a abordaxe positiva da multiculturalidade co fin de convertela en interculturalidade.
 
Proxectos socioeducativos e condutas seguras
 
Desenvolvido pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ‘+Comunidade’ é un proxecto de intervención socioeducativa centrada no coñecemento, análise e actuación práctica, desde unha perspectiva cooperativa e de xénero, sobre as problemáticas socioambientais locais e a súa relación co contexto global, coa finalidade de xerar alternativas concretas de actuación entre o alumnado e o profesorado para a construción dunha cultura máis sostible.
 
‘Moitavista na Escola’, da Consellería de Economía, Emprego e Industria ten como fin sensibilizar o alumnado sobre a importancia da prevención de riscos asociados á contorna escolar e promoción de condutas seguras e saudables; mentres que ‘Xente con Don’, da de Sanidade, é un programa de prevención de prácticas sexuais de risco na mocidade e loita contra o estigma e a discriminación das persoas afectadas por infeccións de transmisión sexual.
 
Ademais destas novas incorporacións, reformuláronse distintos programas co fin de darlle un maior aproveitamento ao traballo por proxectos e á cooperación interinstitucional. Deste xeito ofértanse renovados ‘Aliméntate ben’, que afonda no tratamento dos principios alimentarios coa participación da Consellería de Sanidade; e ‘PDC – Centros activos e saudables’, que unifica os programas de vida activa a través dun único programa deportivo con distintas modalidades no seu interior. Tamén se reformulan ‘Protexe o teu medio’ e ‘Quérote+’, co fin de mellorar os seus obxectivos.