xornal escolar

IES Valadares, educación integral para o alumnado vigués

Alumnos do IES Valadares no cumio do Galiñeiro.
photo_camera Alumnos do IES Valadares no cumio do Galiñeiro.

Basan o seu proxecto educativo na formación de persoas activas, participativas, maduras, responsables, críticas, ademáis de que acaden bos resultados académicos.
 

O IES Valadares é un centro público situado no barrio da Sobreira na Parroquia de Valadares, moi preto do Parque Tecnolóxico de Valadares, a Universidade de Vigo e o novo hospital Álvaro Cunqueiro. É un centro de ESO que ofrece servizo escolar a un total de 350 alumnos, fundamentalmente das parroquias de Valadares, Zamáns, Matamá, Castrelos e Navia. 
Por outra parte, e xa no interior do instituto, nos terreos que bordean as pistas ao aire libre os alumnos gozan de árbores , piñeiros, sobreiras que plantamos ano a ano e castiñeiros, mesas de madeira debaixo das árbores e paseos con herba. Un contorno eminentemente natural e saudábel para o alumnado e a comunidade educativa do mesmo. 
Dende o seu comezo no curso 1999/2000 o instituto foise adaptando ás novas tendencias en educación apostando por unha ensinanza baseada na atención á diversidade, o uso das novas tecnoloxías e unha ensinanza e avaliación do alumnado entendida dun xeito integral e considerando sempre as súas capacidades básicas.
O centro educativo destaca polo seu ambiente de convivencia tranquilo e solidario. A conflitividade entre o alumnado é realmente escasa e intranscendente, polo que o día a día no centro faise doado. O trato entre o profesorado e o alumnado é próximo, o mesmo que coas familias. Reunións, chamadas telefónicas e varias aplicacións informáticas son ferramentas diarias que utiliza o centro para a comunicación entre instituto e familias. 
Pensan  que canta máis colaboración haxa entre familia e centro, mellores resultados académicos e persoais terá o alumnado. Por iso, dan moita importancia ao gran traballo que se leva a cabo dende as tirorías. O plan de acción titorial é  un piar fundamental da boa convivencia; o profesorado titor é escollido con coidado e traballa coordinado co equipo de orientación.  Proxectos de solidariedade, igualdade e respecto forman parte do seu día a día.  Dende o centro, tentan que a participación do alumnado en tarefas de representación e responsabilidade, xunta de delegad@s, consello escolar, tarefas de vixilancia e reciclaxe, limpeza de zonas comúns, lles faga  tomar conciencia da necesidade da súa implicación para acadar os logros de cara ao seu futuro. 
Formar persoas activas, participativas  na sociedade, maduras, responsables, críticas, ademais de que acaden uns bos resultados académicos, é a  finalidade do proxecto educativo do IES Valadares.
 

Te puede interesar