xornal escolar

IES Ribeira do Louro: "Vintecinco anos ensinando, vintecinco anos aprendendo"

Excursión fin de curso de 4º de ESO en Berlín, na Porta de Brandenburgo.
photo_camera Excursión fin de curso de 4º de ESO en Berlín, na Porta de Brandenburgo.

O IES Ribeira do Louro está inmerso tamén neste curso, dentro do marco de Programas Erasmus+. en dous Proxectos de Asociacións Estratéxicas: 
-Euco2Cean STS (Modelos educativos STS para transmitir á sociedade o reto do cambio global no océano).  A través deste proxecto preténdese transmitir á sociedade a importancia da investigación sobre o impacto e mitigación do cambio climático no mar desenvolvendo habilidades clave para o fomento de iniciativas empresariales  favorecedoras para a creación dun entorno máis sostible do océano. Centros de Portugal, España, Polonia e Reino Unido participan nesta iniciativa que deu comenzó no pasado mes de setembro e ten unha duración de dous anos. 
-Europeans for Fair Trade (Europeos en el Comercio Justo). Este é un proxecto  destinado a promover valores como a participación activa en retos presentes e futuros  e no desenvolvemento dun modelo de sociedade europea máis equitativa consciente e responsable no futuro a través da promoción  do comercio xusto no entorno educativo. Para todo elo estanse a elaborar materiais educativos relacionados con estos valores, que ademáis de ser utilizados nos centros  participantes , vanse difundir entre outros  centros  de formación para a súa utilización nas materias de carácter transversal.
Participan neste proxecto organizacións de Reino Unido, Suecia, España e Polonia.   Ademáis da elaboración de materiais, este proxecto inclúe mobilidade de estudantes; No mes de abril visitaron o centro 9 alumnos de Suecia e 8 de Polonia acollidos a modo de intercambio en casas  de O Porriño, e alternaron a asistencia a clase no instituto con visitas a outros puntos emblemáticos de Galicia. No vindeiro curso  9 alumnos de 4º de ESO e 8 de 1º de Bacharelato completarán o intercambio nestes países. Xa máis cara adentro, O IES Ribeira do Louro pretende seguir sendo  dinamizador cultural da súa bisbarra polo que no marco de actividades da biblioteca,  creouse este ano  un Club de Lectura para  pais e nais, que convocado polo Equipo de Biblioteca, mantén encontros literarios. Este club únese aos cinco de alumnos, xa existentes. 
Ao longo destes anos o alumnado foi recoñecido con importantes premios e mencións no eido educativo:  premios extraordinarios de Bacharelato, de Formación Profesional, premios galegos da ESO ao esforzo e superación persoal, diversos premios literarios e neste curso tamén o   1º Premio por equipos  na VIII Olimpiada de Xeoloxía. 
O instituto non quere aferrarse aos límites  que impón o espazo físico da aula e pretende facerse  eco da problématica social e colaborar con asociacións e organizacións sensibilizadas cos máis desfavorecidos  como  por  exemplo Amnistía Internacional. O  alumnado participa asiduamente en campañas solidarias e  traballos literarios, este ano tiveron a tres alumnos entre os finalistas, é quere seguir apostando por esta clase de iniciativas.
Tamén siguen apostando polas actividades complementarias, necesarias para unha completa formación do alumnado: coa revista escolar “Órbita” que se edita coincidindo coa celebración  dos actos conmemorativos da Semana das Letras Galegas; con   dous grupos de teatro estables e cun grupo músico-vocal que fan representacións  e actuacións no Instituto e noutros centros da contorna.
Actividades
Impulsadas  e organizadas polos diferentes departamentos realízanse  saídas didácticas ao longo de curso para ampliar e reforzar os contidos académicos aprendidos na aula. Convencidos de que a transversalidade ten que fusionarse co coñecemento no conxunto das áreas educativas, o instituto dalle visibilidade e participa nas datas conmemorativas que a este respecto se suceden durante o curso escolar: Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, Día Escolar da Non Violencia e da Paz, Día Internacional de Muller, Semana do Libro, Semana das Letras Galegas, Día Mundial do Medio Ambiente e Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
E, tamén,  de xeito máis lúdico celebran aquelas datas  de carácter festivo como o Magosto e o Entroido nas que se desenvolven actividades nas que alumnado e profesorado participan animadamente e que teñen a súa culminación na Xornada de Convivencia que ten lugar no último día do curso.
Xa para rematar e neste ano de celebración do  25 Aniversario do centro(1992-2017); dende estas páxinas, a dirección do centro quere felicitar a todas as Comunidades Educativas que forman ou formaron parte do IES   Ribeira do Louro pola súa contribución a construción dunha unha escola pública de calidade: unha escola pública plural, inclusiva e comprometida cos dereitos humáns, cos valores democráticos e coa lingua e cultura galegas.  
Como reza na pancarta que estes día engalana a súa fachada,  “25 anos ensinando, 25 anos aprendendo”.  
Ese foi o seu cometido durante estes anos.  Son moitas as familias, os grupos de alumnado, os profesores e profesoras e outros traballadores e traballadoras  do centro que axudaron  a  facer máis doado e enriquecedor  ese camiño. 
Desexando, todos os implicados, que a actividade continúe así alomenos outros 25 anos mais.    


                                A dirección.
                                IES. Ribeira do Louro.


   
 

Te puede interesar