xornal escolar

IES de Beade, un centro de ensino diferente cun amplo programa de actividades

Excursión do alumnado de 4º ESO a Roma.
photo_camera Excursión do alumnado de 4º ESO a Roma.

No IES de Beade consideran que as visitas didácticas, as excursións e as viaxes son unha excelente oportunidade de aprender, convivir e divertirse. Ademais de visitas a Vigo e o seu entorno, realizan todos os anos a lo menos unha excursión de todo o día co alumnado de 1º e 2º de ESO, unha saída de entre dous e tres días co alumnado de 3º de ESO á aula de enerxías alternativas de Sotavento e ao museo da Tecnoloxía de Coruña e unha viaxe de varios días a Atapuerca e ás Médulas co alumnado de 1º de Bacharelato. Ademais, o alumnado que remata a ESO realiza unha viaxe a unha capital europea, e o que remata Bacharelato,  a Madrid.
No IES de Beade participan en programas educativos promovidos polo Concello de Vigo, Educación, pola Unión Europea e outras entidades. Entre eles, destaca o programa “Vigo por dentro” , “Enlaza Vigo”, contra a violencia de xénero, Normalización Lingüística do Concello de Vigo, Programa Arce, contrato-programa de “Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros” e de “Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia“, Plan Proxecta (Meteoescolas, O monte vivo, Mobilidade sostible e segura eConsumópolis), programa “Quérote”, programa do 061 de formación do alumnado en primeiros auxilios, programas europeos, Erasmus +, e-twinning en colaboración con centros de Alemaña, Dinamarca, Grecia e Polonia. 
Concurso e premios
O centro participa en diversas convocatorias de premios. O curso pasado o alumnado obtivo o primeiro premio no VI Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado pola Sociedade Galega de Estatística e foron seleccionados pola  Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología para participar na organización do “Finde científico 2016”, actividade de divulgación das iniciativas científicas dos centros educativos, que se celebrou en Alcobendas.
O IES de Beade ofrece ao alumnado a posibilidade de formar parte, gratuitamente, de grupos e clubs e de participar en actividades extraescolares, organizadas por profesorado voluntario, durante os recreos e os martes de 15 horas a 16:30 horas. Así, contan cun Club de Ciencia, un Club de lectura, Club de convivencia “Bandeira branca”, con servizo de mediación, entre outros, actividades de reciclaxe, xogos cooperativos, actividades de xadrez, etc. Parte destas  actividades desenvólvense na  antiga vivenda do conserxe, habilitada como espazo de lecer. O centro celebra datas, como o Día da Paz, o Día Contra a Violencia de Xénero, o Día da Muller, o Día das Letras Galegas e o Día dos Dereitos Humanos nos que o alumnado é o protagonista. Coa colaboración da ANPA celebran  festas populares, como o Magosto e  o Entroido.
No mes de maio celebran unha “Semana de exposición de proxectos e traballos”, na que o alumnado expón o que fixo nos diferentes clubs ou nalgunhas materias. Ese día  son eles os que exercen de  profes e explican ao resto de compañeiros, ao profesorado e ás familias as cousas que aprenderon.
Web e App
O centro dispón dunha páxina web (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesbeade/) e dunha APP (para dispositivos Android, que se pode descargar no GooglePlay sen máis que buscar IES de Beade, que son actualizadas e nas que se comunican as novidades e eventos, ademais de polos medios tradicionais. Na web publícanse actividades e conta cunha galería de fotos e vídeos das viaxes e actividades. Contan con televisión  propia que dá conta de charlas, actuacións, entrevistas e eventos . 
Portas abertas
Todos os anos celebran unha xornada de portas abertas para coñecer o centro. Este ano, será o martes 7 de febrero, a partir das 18.30 horas.
TIR DAS 18:30.

Te puede interesar