Galicia, a segunda con máis auxiliares de conversa por alumno

Os centros plurilíngües crecen anualmente na comunidade gallega.
photo_camera Os centros plurilíngües crecen anualmente na comunidade gallega.

O conselleiro de Cultura e Educación da Xunta en funcións, Román Rodríguez, dálle a benvida aos especialistas de 15 nacionalidades diferentes que durante este curso axudarán aos estudantes galegos na aprendizaxe de linguas estranxeiras.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, deulle a benvida aos máis de 500 auxiliares de conversa que neste curso 2016/17 apoiarán ao profesorado e axudarán ao alumnado galego na aprendizaxe de linguas estranxeiras; unha cifra que sitúa a Galicia como a segunda comunidade en ratio de auxiliares por alumno. Neste sentido, o titular en funcións do departamento educativo da Xunta de Galicia destacou tanto a función lingüística como cultural destes especialistas, posto que, tal e como subliñou, “os nosos alumnos terán a oportunidade única de coñecer realidades diferentes, costumes distintas e novas formas de pensar, o que os axudará a ser máis tolerantes e comprensivos”.
Durante esta xornada de acollida, o conselleiro estivo acompañado polo director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, así como polos responsables, asesores e coordinadores do programa.
En concreto, este ano académico haberá 504 auxiliares de conversa de 15 nacionalidades diferentes en centros sostidos con fondos públicos, 50 máis que o ano pasado. Por linguas, a maior parte serán de inglés, que chegarán ata os 430 e aos que, por primeira vez, se suman 12 auxiliares estadounidenses da Comisión Fullbright, dun alto perfil académico e orientados a realizar tarefas de apoio en centros plurilingües de secundaria. Ademais, haberá 35 especializados en francés, 13 en alemán, 9 en portugués e 5 en chinés.
Cómpre destacar que a figura do auxiliar de conversa é un elemento clave para acercar a realidade cultural e lingüística do seu país de orixe ao alumnado galego. Deste xeito, estas persoas levan a cabo un importante servizo complementario, ao apoiar o labor do profesorado, facilitando as prácticas de conversa en linguas estranxeiras.
Ademais, representan un auténtico vehículo de achegamento á cultura dos países onde se fala a lingua obxecto de estudo, polo que contribúen a reforzar o labor docente na compoñente de multiculturalidade, eixo sobre o que pivotan os currículos dos centros implicados no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras.  
Durante os últimos anos, o número de auxiliares non deixou de crecer, ao mesmo tempo que o fixeron os centros plurilingües e as seccións bilingües, un incremento que se enmarca dentro do impulso decidido ao Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, baixo o obxectivo último de aumentar a calidade do sistema educativo galego. Este curso, a rede de centros plurilingües de Galicia xa conta con 282 e o número de seccións bilingües incrementouse ata as 3.914, 284 máis co n ano pasado.
. En definitiva, preto de 100.000 alumnos e alumnas benefícianse dalgunha das iniciativas postas en marcha ao abeiro deste plan. 
 

Te puede interesar