Xornal Escolar

Educación responsable e educación emocional

Trata de promover a comunicación e mellora da convivencia nos centros docentes a partir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias.
photo_camera Trata de promover a comunicación e mellora da convivencia nos centros docentes a partir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias.

Un programa da Consellería de Educación para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, desenvólvese nos centros educativos da comunidade galega en colaboración coa Fundación Botín.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a convocatoria para que sete centros públicos galegos se incorporen o vindeiro ano ao Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, que se desenvolve en colaboración coa Fundación Botín e que ten como obxectivos, ademais de desenvolver as competencias que lle dan nome, promover a comunicación e mellora da convivencia nos centros docentes a partir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias.
Este é un proxecto centrado na aplicación didáctica, dentro das áreas curriculares, dunha serie de recursos de educación emocional, social e creativa, e está dirixido ao alumnado con idades comprendidas entre 3 e 16 anos. Entre os obxectivos figura o uso da propia competencia emocional, social e creativa para acadar un maior benestar persoal, social e laboral; ou a mellora do clima de convivencia e o éxito escolar, entre outros.
 O programa implántase nos centros ao longo de tres anos. Unha vez rematado os tres anos si os centros cumpriron o compromiso de utilizar todos os recursos que conforman  o programa, considéranse  centros graduados que poden seguir formando parte da rede de centros Educación Responsable.
Para a adecuada implantación e dinamización do programa é necesaria a implicación e participación do profesorado. Por iso, a iniciativa contempla a certificación da formación adquirida ao longo do proxecto e implica a participación do centro na convocatoria dos Proxectos de Formación en Centros (PFPP) que convoca a Consellería.
A solicitude de participación deberá realizala o director do centro. O prazo de presentación remata o día 28 de maio de 2018. Toda a información da convocatoria pode consultarse no portal educativo, no enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24677 .
O programa Educación Responsable implantouse como experiencia piloto nos cursos 2014/15 e 2015/16. No 2016/17 incorporáronse 8 centros a través de convocatoria pública e no actual ano académico están a desenvolver este proxecto un total de 19 centros galegos. Así, están xa no 3 ano de implantación o CEIP Seis do Nadal (Vigo), o CEP Marcos da Portela (Pontevedra) e o IES de Monterroso.

Te puede interesar