Xornal Escolar

Educación mellora a atención aos alumnos con diabetes

O acordo inclúe actuacións específicas que permitan un maior e mellor coñecemento desta enfermidade.
photo_camera O acordo inclúe actuacións específicas que permitan un maior e mellor coñecemento desta enfermidade.

Os profesionais da Asociación de Nenos e Nenas con Diabetes de Galicia poñerán os seus coñecementos a disposición dunha mellor e máis específica formación do profesorado; e tamén poderán colaborar cos centros escolares que o desexen.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vai colaborar coa Asociación de nenos e nenas con diabetes de Galicia (Anedia) co fin de mellorar a atención ao alumnado con esta problemática.
 O conselleiro de Educación e Culturta da Xunta, Román Rodríguez, e maila presidenta de Anedia, Ana Isabel Pérez, ratificaron o acordo que inclúe unha serie de actuacións específicas que permitan un maior e mellor coñecemento desta enfermidade e, deste xeito, unha mellor atención no ámbito escolar aos rapaces que a padecen. 
Deste xeito, a Consellería comprométese a promover a formación permanente do profesorado neste eido, tanto no que atinxe ao coñecemento da diabetes así como á promoción de hábitos de vida saudable, cuestión para a cal contará co apoio dos profesionais de Anedia, que tamén poderán colaborar directamente cos propios centros escolares. 
As distintas actividades incluirán así mesmo campañas de sensibilización e difusión de materiais e documentos que permitan un maior coñecemento das circunstancias específicas asociadas á diabetes. 
Este acordo forma parte dunha das liñas estratéxicas da Consellería, que é a de traballar da man de diversas entidades e asociacións especializadas na atención a colectivos con necesidades educativas específicas para deseñar unha acción educativa integral ás súas peculiaridades e, deste xeito, avanzar nun sistema educativo máis inclusivo, que dea unha resposta acaída á diversidade do alumnado.
Cómpre lembrar que -no marco da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020- a Consellería puxo en marcha o protocolo de ‘Atención en urxencias sanitarias e atención educativa ao alumnado con enfermidade crónica’, o cal incorpora unha addenda específica de atención ao alumnado con diabetes que está a disposición de toda a comunidade educativa. 
O concvenio
O convenio, coa implicación do persoal especialista de Anedia e a posta á disposición dos seus coñecementos,  vén a reforzar este documento deseñado como guía  sobre esta doenza e que inclúe os seus diferentes tipos, os casos de hiperglicemia e hipoglicemia e os seus síntomas, ou orientacións ao profesorado á hora de atender ao alumnado da comunidade con diabetes, entre outra moita información. 

Te puede interesar