XORNAL ESCOLAR

Educación consolida o proxecto EduMotivaCon

Ao longo deste curso, 21 profesionais de prestixio de distintos campos da sociedade, ciencia, investigación, música, arte, cine, comunicación, poñen a súa experiencia á disposición dos alumnos para reforzar e incentivar a súa curiosidade e pensamento.
 

O proxecto potencia o traballo en equipo, a creatividade e o pensamento crítico entre o alumnado.
O proxecto potencia o traballo en equipo, a creatividade e o pensamento crítico entre o alumnado.
Educación consolida o proxecto EduMotivaCon

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha este ano unha nova edición do proxecto de innovación educativa ‘EduMotivaCon’, que se iniciou o ano pasado como experiencia piloto e que agora se consolida coa incorporación de novos ‘mentores’ a este proxecto. 
Neste curso, un total de 21 profesionais de prestixio de diversos ámbitos (desde a ciencia, a investigación ata a cultura, a arte, a música ou a comunicación, entre outros) participan nesta iniciativa que ten como principal finalidade fomentar a cultura do esforzo, así como a motivación e a curiosidade, potenciando o traballo en equipo, a creatividade e o pensamento crítico entre o alumnado. Un proxecto que se desenvolve nas propias aulas, a onde acoden os ‘mentores’, para impartir charlas e talleres sobre distintas temáticas nas que son profesionais especialistas. 
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo esta  un encontro de traballo con algúns destes persoeiros que se suman á iniciativa neste vindeiro curso. Así, na xuntanza estiveron presentes o científico Ángel Carracedo (que xa participou na anterior edición); a directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo, África González; a gaiteira Susana Seivane; e a emprendedora e consultora Sandra Touza (todas elas de recente incorporación). Tamén asistiu o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira. 
A Consellería ten previsto antes de finais de ano abrir a convocatoria para os centros que desexen participar, co fin de que este se desenvolva entre xaneiro e xuño de 2018.
Mentores moi coñecidos
Ademais dos que xa participaron no pasado curso, na edición deste ano súmanse a científica e directora do CINBIO, África González; a produtora Emma Lustres; a gaiteira Susana Seivane, emprendedora e CEO de ‘Ponle cara al Turismo’ Sandra Touza, e o xefe do servizo de Cardioloxía do CHUS, José Ramón González-Juanatey. Estes persoeiros únense aos científicos e divulgadores Ángel Carracedo, Senén Barro e Jorge Mira; os xornalistas Luis Fraga e Kiko Novoa; a xornalista e presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky; o músico Roi Casal; a médica Carmen Vidal; o adestrador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández; o escultor Manuel Paz; o publicista Miguel Conde; o cociñeiro Pepe Solla; o director da refinería de Repsol na Coruña, Luis Llamas; o catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela Ramón Villares; o actor Manuel Manquiña; e a conselleira delegada de Geriatros, Josefina Fernández.
 Miguélez, que xa tiveron a oportunidade de compartir experiencias co alumando a finais do curso pasado. 

Balance da experiencia piloto

A primeira experiencia deste tipo, que se puxo en marcha a finais do curso pasado, aglutinou unha importante demanda por parte de todos os centros educativos participantes (desde infantil, primaria e secundaria, ata centros de formación musical e centros de educación especial, entre outros), o que fai que a Consellería siga implementando o programa neste curso coa incorporación de novos mentores e poder alcanzar un maior número de centros escolares. 

No curso pasado realizáronse un total de 41 actividades de mentoring en distintos formatos (charlas, obradoiros, visitas) en 37 centros educativos, a meirande parte dos cales foron Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIPs), e Institutos de Educación Secundaria (IES), cuns 2500 alumnos alcanzados.