Educación concede 523.000 euros en axuda a comedores escolares

Educación concede  523.000 euros en axuda a comedores escolares
photo_camera Educación concede 523.000 euros en axuda a comedores escolares

Román Rodríguez e técnicos da Consellería de Educación mantiveron na Cidade da Cultura unha reunión de traballo con máis de 
trinta responsables de entidades centradas na atención á diversidade e a educación inclusiva.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará un total de 522.998,00 para axudar a sufragar o custo dos comedores escolares xestionados polas ANPAS  no curso 2015-16. En total recibíronse 100 solicitudes das que a 95 outorgáronselle axudas e a 5 se lle denegaron por presentación fóra de prazo ou por non cumprir cos requisitos da convocatoria. Os usuarios beneficiados acadan os 10.570 para estes 95 comedores xestionados polas ANPAS.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicóu a resolución da convocatoria de axudas -que se pode consultar no enderezo web http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160823/AnuncioG0164-110816-0001_gl.html - destinadas ao cofinanciamento deste servizo xestionado polas asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería e que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria ou o segundo ciclo de Educación Infantil.
A Consellería financia ata un máximo do 50 por cento do custo do servizo do comedor do centro escolar correspondente. As axudas, que se outorgan en réxime de concorrencia competitiva, poderán ser empregadas para sufragar o custo diario do menú por comensal e polos días de asistencia destes ao comedor, así como, se é o caso, a vixilancia e coidado do alumnado durante o uso do comedor.
Tamén poden destinarse a costear os gastos orixinados pola contratación de persoal para atender ao alumnado con necesidades específicas e os derivados da contratación de pólizas de seguro vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar. 
Educación Inclusiva
O Museo de Galicia da Cidade da Cultura acolleu unha reunión de traballo entre o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e responsables de distintas entidades involucradas na atención á diversidade e a educación inclusiva coas que a o Goberno autonómico ten asinado diversos acordos e convenios de colaboración.  O conselleiro destacou o excelente labor de cooperación educativa no que “gran parte do éxito radica no talento e talante dos profesionais e voluntarios que traballan nas diversas entidades que axudan a construír un sistema educativo máis inclusivo, integrador e onde se garanta a igualdade de oportunidades.” 
Participaron na reunión representantes de Amencer-Aspace, Aspace-A Coruña, Asociación Amicos, Autismo Ourense, Aspronaga, Aspanes-A Coruña, Asociación Nosa Sra. de Chamorro, Fundación Menela e Federación galega de institucións para a Síndrome de Down. (Down Galicia), Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE), Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral, Confederación Galega de Persoas con Parálise Cerebral (COGAMI), Asociación galega de familias de persoas afectadas polo síndrome de Asperger (ASPERGA), Fundación María José Jove, Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (INGADA), Federación Galega de Asociacións de Persoas con TDAH, FADEMGA e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).

Posta en común
A xuntanza serviu para poñer en común o labor realizado no ámbito da atención á diversidade e a escola inclusiva e analizar o desenvolvemento dos diferentes protocolos de actuación cos que se dá resposta aos retos e as situacións concretas que teñen a súa orixe na propia diversidade social.

Falouse tanto do camiño seguido para favorecer a atención educativa ao alumnado con algún tipo de discapacidade, establecendo medidas encamiñadas á súa atención, como do fomento entre o profesorado diversos programas de formación acaídos aos retos da diversidade.

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


 

Te puede interesar