Xornal Escolar

Educación amplía a 30 centros os "Club de Ciencia"

20180107192202810
photo_camera O "Club de ciencia", unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Un total de 30 centros educativos públicos desenvolverán este curso 2017/18 o "Club de ciencia", unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co fin de estimular o espírito científico do alumnado.

Esta acción –cuxa resolución provisional se pode consultar no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23584- desenvolverase en 15 centros da provincia da Coruña, 4 de Lugo, 2 de Ourense e 9 de Pontevedra. Tralo éxito da primeira edición, na que participaron 10 centros educativos, este curso os ‘Club de ciencia’ esténdense a un total de 30 centros, dos cales tamén forman parte aqueles que desenvolveron o proxecto o ano pasado. Cada un deles recibirá unha achega económica de 1.200 euros para poder desenvolver a súa iniciativa. . 
O obxectivo da mesma pasa por fomentar o espírito científico e a curiosidade do alumnado, o que favorece, en consecuencia, o traballo das áreas denominadas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), unha das prioridades da Consellería de cara aos próximos anos. 
En concreto, na provincia da Coruña participarán o CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, o IES Agra do Orzán da Coruña, o IES Sofía Casanova de Ferrol, o IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, o IES de Melide, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, o IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago, IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago, o CPI de Atios de Valdoviño, o IES Ferrol Vello de Ferrol, o IES Eduardo Pondal de Ponteceso, o IES David Buján de Cambre, o IES María Casares de Oleiros, o CRA de Rianxo e o IES Plurilingüe A Cachada de Boiro. 
Na provincia de Lugo desenvolverán ‘Club de ciencia’ o CPI de Castroverde, o CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel, o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo e o CEIP Illa Verde, tamén de Lugo. Pola súa banda, os centros da provincia de Ourense son o IES O Couto de Ourense e o IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Por último, os centros admitidos da provincia de Pontevedra son o CPI Mosteiro-Meis, o IES Politécnico de Vigo, o CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis, o CEIP de Laredo de Redondela, o CEP Carlos Casares de Salvaterra de Miño, o IES Salvaterra do Miño, o IES A Xunqueira II de Pontevedra, o IES Primeiro de Marzo de Baiona e o CEE de Panxón en Nigrán. 
O "Club de ciencia" defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación, onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas aos alumnos e alumnas co obxecto de que estes podan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses, así como resolver problema.

Te puede interesar