Destinan 5,2 millons ao ano para a calefacción dos colexios

O obxectivo do citado contrato é garantir o subministro de gasóleo para o servizo de calefacción.
photo_camera O obxectivo do citado contrato é garantir o subministro de gasóleo para o servizo de calefacción.

Educación acaba de publicar a licitación da contratación do combustible, na que se prevé un aforro medio de 300.000 euros ao ano e as bases para promover a concorrencia competitiva e abrir o mercado a distribuidores minoristas.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta  acordou destinar  case 5,2 millóns de euros ao ano para os gastos de mantenemento de calefacción dun total de 884 centros de ensino de toda a comunidade galega que empregan este tipo de combustible para o citado servizo.  Así se recolle no anuncio de licitación da contratación do combustible que vén de publicar o departamento educativo da Xunta de Galicia, na que se prevé un aforro medio de 300.000 euros ao ano no citado servizo dos centros educativos galegos. A Consellería de Cultura e Educación tamén promove a concorrencia competitiva e abre o mercado a distribuidores minoristas que poden encargarse do suministro de conbustible para o servizo de calefacción.
Servizo de calefacción
O obxectivo do citado contrato é garantir o subministro de gasóleo para o servizo de calefacción nos centros públicos da comunidade galega. A licitación inclúe ademais a previsión de prórroga por un ano do servizo, así como un 40% de orzamento adicional para prever unha posible modificación contractual no caso de que sexa preciso articular a inclusión de novos centros no acordo marco, ao ser variables as necesidades educativas e os consumos das zonas. 
Cada empresa de suministro verá limitada a súa participación a un máximo de 10 lotes dos 70 lotes xeográficos nos que se divide a contratación, que coinciden basicamente coas comarcas, agás no caso das 7 grandes cidades. 
Esta medida ten neste plan a finalidade promover unha maior concorrencia e abrir o mercado a distribuidores minoristas galegos.
Aforro 
O orzamento previsto para un ano de contratación é de 5.195.943,66 euros. Este orzamento partiu da aplicación ao número de litros estimados (8.246.756 litros) do prezo medio semanal do Boletín Oficial do Petróleo da Comunidade Europea do ano 2015, logo de restarlle un desconto de 0,03 €/litro, xa que é o desconto mínimo que se esixe aos licitadores para concorrer á licitación. 
Deste xeito o aforro mínimo previsto respecto do que sería o prezo orixinal é de 299.357,25 €.
Cómpre sinalar que este sería o aforro mínimo dado que, unha vez seleccionados os 3 adxudicatarios de cada un dos 70 lotes xeográficos nos que se divide a contratación, os directores dos centros realizarán os encargos pedindo un orzamento a cada un deles, que poderán neste momento ofertar un desconto maior ao inicialmente ofrecido no acordo marco, polo que os aforros derivados da contratación poden ser aínda maiores nesta segundo fase de realización dos citados encargos.
 

Te puede interesar