Xornal Escolar

Oito cetros galegos traballan no Programa Piteas cedesenvolvemento do talento nas aulas

Os centros que participan no programa Piteas expoñen os proxectos ao resto da comunidade educativa.
photo_camera Os centros que participan no programa Piteas expoñen os proxectos ao resto da comunidade educativa.

Trátase dun proxecto piloto educativo, de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento nas aulas cuxo obxectivo principal é a mellora da calidade educativa a través da inclusión e da atención á diversidade ao alumnado.

Os centros escolares galegos que participan na fase piloto do programa Piteas expuxeron os seus proxectos ao resto da comunidade educativa no marco da Feira de Proxectos Piteas, co fin de dar a coñecer as accións deseñadas para o desenvolvemento do talento no eido educativo. Na súa visita á Feira, e tras un percorrido polos distintos stands para coñecer de cerca os proxectos, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, gabou o nivel dos traballos presentados así como o grao de implicación tanto do profesorado e dos alumnos participantes, que sirve de exemplo para o conxunto da comunidade educativa.
Modelo educativo
O conselleiro destacou a importancia do modelo Piteas na medida en que, actuando en dúas liñas que son a mellora da competencia profesional do profesorado e os progresos da resposta educativa ao alumnado tendo en conta todas as súas potencialidades, permite avanzar nun modelo educativo de calidade para todos independentemente das condicións e circunstancias de cada quen, e aproveitando as súas potencialidades.
Piteas é un modelo experimental de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento de todo o alumnado mediante o modelo SEM (Schoolwide Enrichment Model, ou modelo de enriquecemento curricular) impulsado pola Fundación Barrié en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e coa Universidade de Santiago de Compostela. Está baseado na inclusión educativa e na atención á diversidade na que as tres institucións traballan conxuntamente para acadar un cambio metodolóxico real que faga posible a detección e o fomento do talento de todo o alumnado. A liña vertebral deste modelo é o traballo por proxectos combinado con outras metodoloxías innovadoras e activas como a aprendizaxe cooperativa ou a aprendizaxe-servizo.
O programa inclúe un plan de formación do profesorado, a implantación de proxectos nas aulas, a presentación e difusión de ditos proxectos e unha investigación da USC que inclúe a avaliación das competencias do alumnado. Nesta fase de pilotaxe en Galicia participan oito centros escolares que supuxo a implicación de preto de 200 docentes e 2.400 alumnos. Todos eles traballaron nun modelo de enriquecemento curricular específico para o seu propio centro, atendendo ás súas particularidades e peculiaridades.
 e tendo en conta a diversidade do seu alumnado.
 
O proceso de implantación deste programa, que arrancou no presente curso 2016/17, está estruturado en catro anos (ata o curso 2019/20). Na fase piloto inicial participan o IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela), CEIP Ben-Cho-Shey (Pereiro de Aguiar), CEIP Carballal (Marín), IES A Xunqueira II (Pontevedra), CEE de Panxón (Nigrán), CPR A Grande Obra de Atocha (A Coruña), CPR Plurilingüe a Inmaculada (Santiago de Compostela), e o CPR Eduardo Pondal (Cangas).

Te puede interesar