xornal escolar

CEIP Plurilingüe Nº 1 de Tui basa o seu proxecto na formación inrtegral dos seus alumnos

O centro educativo conta cun consello de nenos e nenas.
photo_camera O centro educativo conta cun consello de nenos e nenas.

A cultura do popular centro tudense, onde se imparten os ciclos de Educación Infantil e de Educación Primaria, caracterízase por ser 
unha comunidade de aprendizaxe, reflexiva e proclive ao cambio e a innovación na escola.

Foi o 11 de agosto de  1969 cando se inagura o Grupo Escolar Nº1 de Tui nunha finca denominada "Rastrillo", situada na rúa Canónigo Valiño. Case cincuenta anos despois, nesta finca atopamos o CEIP Plurilingüe Nº1  de Tui, unha escola pequena de ambiente e tradición familiar.  O centro educativo, de tituralidade pública,  imparte os ciclos de Educación Infantil e Educación Primaria.
A actividade educativa desta escola está intimamente ligada ao enclave privilexado no que está situado na parte oriental do Baixo Miño e a súa actividade sociocultural e artística.  
En Tui está unha das catedrais máis famosas de Galicia, a Catedral de Santa María de Tui e a partir do 10 de febreiro de 2012 xunto á cidade de Valença do Minho (Portugal) forman unha eurociudad como mostra de cooperación e integración entre ambas as cidades separadas tan só por dúas pontes que atravesan o río Miño.   
Tui é parada do Camiño de Santiago portugués e o colexio  está situado no paso do Camiño, polo que diariamente pasan diante do centro peregrinos, e por iso que o  curso pasado todo o alumnado do colexio desenvolveu un proxecto do Camiño de Santiago “Un camiño para Convivir,un camiño para Compartir”, este proxecto deixou pegada sen dúbida na aprendizaxe do alumnado, e tamén no colexio e na cidade de Tui. 
No colexio ten colgado un cartel con consellos dos nenos e nenas que lle queren dar aos peregrinos que cada mañá pasan diante do centro coma características das paradas de Tui a Santiago, que deben levar na mochila, dicionario do peregrino, botiquin natural do propio Camiño.... e na cidade de Tui porque os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria despois de facer unha saída polo tramo de Camiño por Tui para detectar necesidades e así facer propostas de mellora, pensaron en facer un graffiti nunha parede que estaba en mal estado, elixiron un mapa mental de Tui feito por elas e eles mesmos e pediron permisos ao Concello e a Patrimonio, o cal lles foi concedido e desde o mes de maio loce nunha parede do tramo do Camiño por Tui.
Servizos no centro
Cada mañá o centro abre as súas portas ás 7:45 horas para recibir ao alumnado máis madrugador que acude a Aula Matinal, Plan Madruga, e ás 9: 10 horas soa música da semana e alumnado e profesorado comezan a xornada ata as 14:10 hotas. 
O centro oferta servizo de comedor de 14:10 ás 16:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas diferentes actividades extraescolares coma inglés, robótica, Expresión Corporal e Movemento ou Xadrez.
Cultura de centro
A cultura de centro no Nº 1 de Tui caracterízase por ser unha comunidade de aprendizaxe, reflexiva e proclive ao cambio e a innovación. 
É un centro Plurilingüe, Abalar e E-Dixgal,  un centro innovador que  promove a investigación e a formación de toda a comunidade educativa, que fomenta os principios democráticos de convivencia, respecto, tolerancia, amizade, xustiza, paz, liberdade e  solidariedade, que promove a conciencia ecolóxica e a sustentabilidade e que potencia  a participación activa e vinculante das familias no centro e facilita a conciliación da vida familiar e laboral. 
Entenden que todos os  alumnos son intelixentes de xeitos diferentes e procuran que constrúan a aprendizaxe dende as súas fortalezas. 
Impulsan a contribución á adquisición das competencias, que nos leva a desenvolver as intelixencias do alumnado e dótalo así de ferramentas para que comprendan e se desenvolvan axeitadamente no mundo que viven.  
Creen  na capacidade ilimitada do  alumnado e cremos na capacidade ilimitada dos equipos de mestres e familiares que conforman o noso centro. 
Pretenden que todos os membros do centro se sintan aceptados e aceptadas, ser un espazo onde compartir ideas, proxectos, preocupacións e dúbidas, dende a inclusión, con respecto e comprensión, onde o traballo en equipo enténdese como unha oportunidade para compartir e desenvolver coñecemento e onde invitar aos alumnos e alumnas a descubrir que as súas accións repercuten no seu entorno e que elas e eles son os protagonistas desa transformación.
A comunidade co colexio e a dirección apuestan por un centro aberto ao mundo, á súa contorna máis próxima, a toda a comunidade educativa, no que a prioridade é a formación integral das persoas dotándoas de ferramentas para que comprendan e se  desenvolvan no mundo no que viven e no seu futuro.

Te puede interesar