Xornal Escolar

O CEIP Canicouva de Vigo aposta pola educación integral do alumno

Os nenos e nenas celebrando o aniversario do centro.
photo_camera Os nenos e nenas celebrando o aniversario do centro.

Ao Colexio Canicouva, de dúas liñas, asisten na actualidade 305 alumnosde Infantil e Primaria e 27 mestres e mestras que forman a súa plantilla. A crise demográfica destes pasados anos, non parece ter influído no continuo crecemento do alumnado. Desde o ano 2011 ata hoxe a súa matrícula medrou un cincuenta por cento, algo inaudito e sinal inequívoca de que é un centro de prestixio, ben valorado socialmente e do que o profesorado se sente especialmente satisfeito ao igual que as familias. apunta o seu director Ramón Méndez Paz.
Servizos
O centro conta cos servizos precisos, que son actualizados cada ano, os tempos o requiren, e que sempre se xulgan mellorables desde a propia institución que, como tal, ten a obriga de non darse nunca por satisfeita, tentando mellorar  e actualizarse tan rápido como a propia realidade social o esixe.
A incorporación dos medios informáticos ás aulas xa é algo que se ve imprescindible como ferramenta educativa e de apoio ao proceso ensino –aprendizaxe. Por este motivo e mesmo supoñendo un esforzo para o cole adícase unha importante inversión cada ano, xa que vese que os resultados son positivos.
A posibilidade de poder disponer de espazos para informática, aulas de idiomas, música, unha moderna biblioteca, departamento de Orientación con Pedagoxía terapéutica e Audición e Linguaxe a tempo total, amplo ximnasio, entre outros, fan que se poida levar a acabo unha labor educativa actualizada e eficaz.
Na actualidade, e sendo tamén conscientes que ademais da parte académica o ensino actual é un compendio de ofertas e actuacións que por demandadas pola Comunidade Educativa son ineludibles, coidan que servizos como o comedor escolar xestionado pola ANPA, 150 alumnos diarios, unha ampla oferta de actividades extraescolares, promovidas polo centro e ANPA, a aula matinal, 30 nenos e medrando, a mellora dos espazos de lecer, 4000 metros cuadrados de patios convenientemente diversificados por idades, a creación dun Horto Escolar de 600 metros cuadrados, con participación activa de  toda a Comunidade Escolar, etc, son aspectos que favorecen sen dúbida que a vida na escola diste moito de modelos prefixados, tconvertíndose nun lugar onde os nenos/se sintan a gusto.
Liña Educativa 
O centro parte da idea que se ten que formar persoas coas habilidades suficientes para enfrontarse aos retos que a propia sociedade vai a marcarlle. As imprescindible posta  en valor das novas tecnoloxías e métodos que compaxinen a innovación e a experiencia son patentes. 
O centro pretende formar persoas que sexan críticas, tolerantes e solidarias. Educar as emocións por ser parte fundamental na formación da súa personalidade. Favoreceer o ensino inclusivo. Respectar a individualidade, a diferencia, a creatividade. En definitiva a educación integral do alumno que desenvolva as súas potencialidades e que xunto coa promoción da educación permanente dos educadores e educadoras e a fluída e efectiva colaboración con todas as familias, dará como resultado unha educación cada día de máis calidade.
Proxectos e distincións
O CEIP Canicouva sempre estivo presente en proxectos que aportaran innovación, novas enfoques, apertura e apoio aos máis desfavorecidos.
E como están celebrando 50 anos de vida non viría mal lembrar a participación durante moitos anos, como centro coordinador en Proxectos Europeos (Comenius. Acción 1). Os intercambios con outros centros locais, diversos e continuos proxectos de formación no propio centro, grupos de traballo, participación en todo tipo de eventos, deportivos, artísticos, literarios, etc. O teatro e o seu recoñecemento en diversos ámbitos. Igual que nas artes plásticas. Miles de concursos, de creacións e recreacións.
Moitos foron os parabéns, os premios  e os agasallos, pero neste ano festivo o maior recoñecemento é ser un centro galardoado como “Vigués Distinguido”. Unha distinción que supon un enorme reto para o futuro e unha distinción que quedará por sempre nese libro  das lembranzas deste este xolexio vigués. Un libro que como dice o seu director "non imos querer nunca acabar de ler e ao que lle quedan moitas follas en branco". 


 
 

Te puede interesar