xornal escolar

Catro centros educativos vigueses únense no Día de Rosalía

Os nenos e nenas realizan traballos sobre a obra de Rosalía de Castro.
photo_camera Os nenos e nenas realizan traballos sobre a obra de Rosalía de Castro.

Salesianos, Don Bosco, Jesuitinas e Compañía de María realizaron diferentes actividades e obradoiros xerándose unha experiencia de convivencia intercentros.

Os escolares do CPR María Auxiliadora, Don Bosco, Salesianas, Jesuitinas de Vigo e da Compañía de María celebraron a conmemoración do nacemento da escritora galega Rosalía de castro cun amplo programa de actividades. Para Galicia, Rosalía de Castro é algo máis ca unha escritora e os alumnos analizaron a súa vida globalmente. Xeración tras xeración a súa figura é un referente arredor da cal os galegos únense arredor do sentimento de pertenza a unha terra. Neste ano cúmplense 179 ano do seu nacemento. Por iso, coa idea de sumarse a outras entidades que o fan, catro colexios da cidade uníronse para conmemorar xuntos este Día de Rosalía por medio de obradoiros, concertos e a lectura dun manifesto de gratitude á poeta por axudarnos a valorar o que a  cultura galega.
Neste Día con Rosalía participaron 250 escolares dos colexios Salesianos, Salesianas, Compañía de María e Xesuitinas de Vigo. A cita tivo lugar este ano precisamente no CPR Salesianos. A convocatoria, apoiada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega de Escolas Católicas de Galicia, foi froito da colaboración estreita destes centros educativos coa idea de xerar para o alumnado de 5º de Educación Primaria unha experiencia de encontro lúdico e educativo que permita coñecer, valorar e celebrar a grande achega que Rosalía de Castro supón para os galegos.
A través dunha serie de actividades saboreouse a explosión de diversidade presente en Rosalía, xerándose unha experiencia de convivencia intercentros e visibilizando desde o eido escolar a celebración desta xornada como expresión de promoción do galego e dos valores a él vencellados.
Actividades
A xuntanza, que tivo unha duración aproximada de dúas horas, comezou cun momento para a acollida e benvida dos participantes no salón de actos e a proxección dun video sobre a figura da poeta galega. Logo os rapaces dos catro centros repartíronse en grupos e se organizaron distintos obradoiros nos que continuar descubrindo a Rosalía de Castro: obradoiros de chapas, marcalibros, pulseiras de fíos, preación dun mural Pop Art e posado diante dun fotocol. En todos eles estiveron presentes a figura e os textos de Rosalía.
O encontro finalizou cun concerto do músico ourensán Maxín Blanco e a lectura dun manifesto en prol do galego e de gratuidade a Rosalía por axudarnos a valorar o que é a cultura galega.

Te puede interesar