"Aulas sen paredes" innova no estudio das linguas no ensino

"Aulas senparedes" ten como obxectivo específico innovar no ensino e na aprendizaxe.
photo_camera "Aulas senparedes" ten como obxectivo específico innovar no ensino e na aprendizaxe.

O novo proxecto, un estudo teórico-práctico derivado da tese de doutoramento da súa autora, Rosalía Fernández Rial, propón novas estratexias pedagóxicas a través de ferramentas tan innovadoras como a expresión dramática e teatral.

"Aulas sen paredes’ propón novas estratexias para innovar no ensino e na aprendizaxe das linguas.Valentín García acompañou a Rosalía Fernández Rial na presentación deste novo proxecto que achega unha nova metodoloxía didáctica para o ensino secundario.
O novo proxecto ‘Aulas sen paredes’, un estudo teórico-práctico derivado da tese de doutoramento da súa autora, da profesora Rosalía Fernández Rial, propón novas estratexias pedagóxicas para as aulas de lingua a través de ferramentas tan innovadoras no ensino e na aprendizaxe lingüísticas como a expresión dramática e teatral na educación dos colexio galegos.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a autora no acto de presentación celebrado no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela, no que asegurou que o seu departamento “se comprace en presentar un traballo innovador, asentado asemade en fortes bases teóricas e na práctica docente máis comprometida, que servirá de apoio a todos eses profesores e profesoras que buscan novos camiños polos que asegurar a motivación do alumnado, o seu aprecio polos idiomas que estuda e o dominio da oralidade, ata hai pouco tempo deixada de lado nas clases de lingua a pesar da súa indubidable relevancia”. Todo un proxecto innovador que trata de traballar coa creatividade dos nenos e nenas galegos.
‘Aulas sen paredes’ 
‘Aula sen paredes’ achega unha nova metodoloxía didáctica para a aprendizaxe de linguas no ensino secundario artellada nun libro-dvd. 
Trátase dun estudo teórico-práctico derivado da tese de doutoramento da profesora e escritora Rosalía Fernández Rial que aborda o uso da expresión dramática e teatral como ferramentas pedagóxicas para as aulas de linguas.
Baseado na investigación académica, o volume coeditado por Edicións Positivas e mais pola Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, inclúe un marco teórico, un programa didáctico práctico desenvolto no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela, e mais un documental que reflicte a devandita experiencia didáctica e os resultados obtidos coa mesma durante o tempo do traballo.
Obxectivos
Os obxectivos deste proxecto, que aspira a ir máis alá dos formatos impreso e audiovisual para chegar aos centros por medio de obradoiros de formación do profesorado, ten como obxectivo específico innovar no ensino e na aprendizaxe das linguas e como xeral facelo no contexto educativo tendo en conta os cambios e as demandas da sociedade actual.
 

Te puede interesar