Xornal Escolar

A formación do profesorado, clave na educación

A formación do profesorado debe ser integral desde a inicial nas facultades ata a permanente.
photo_camera A formación do profesorado debe ser integral desde a inicial nas facultades ata a permanente.

A comunidade galega é pioneira á hora de abrir o debate arredor dun asunto capital para calquera sociedade, as competencias que precisa un profesor para preparar nas aulas ás novas xeracións de alumnos cara ao futuro. 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na xornada de clausura do proxecto europeo Marco Común de Competencias Profesionais Docentes, onde sinalou a formación do profesorado como un piar fundamental para a mellora do sistema educativo. Neste sentido salientou que Galicia foi pioneira á hora de abrir o debate arredor dun asunto capital para calquera sociedade, as competencias que precisa un profesor para preparar ás novas xeracións de cara ao futuro.
Román Rodríguez lembrou que a Comunidade galega presentou hai un ano a primeira folla de ruta elaborada en España para a formación integral dos docentes, o documento Mellora da formación docente en Galicia: competencias profesionais, froito dun grupo de traballo entre a Administración educativa e as tres universidades galegas, e que partía da base do traballo do CAFI no marco deste proxecto KA201 Erasmus+. A partires deste documento, a Consellería está a traballar –no marco do novo mapa de titulacións– en diferentes cuestións como a armonización da base do plan de estudos de Maxisterio ou nas especializacións de cada escola ou facultade.
Ademais, Galicia foi pioneira tamén ao propoñer diante do Senado vincular o número de prazas de acceso ás escolas de Maxisterio coa capacidade de absorción do sistema educativo a nivel de emprego, “unha medida que sería útil para elevar os estándares de prestixio e consideración social tanto da carreira como da profesión”.
O conselleiro explicou que a formación do profesorado debe ser integral desde a inicial nas facultades de Ciencias da Educación ata a permanente, pasando pola a formación para o acceso á docencia, que debe estar adaptada aos retos e competencias que require a escola e a sociedade global. O proxecto que agora se pecha comezou a desenvolverse no ano 2015 e definiu as 7 competencias do docente (Educador/Guía no proceso de ensinanza e aprendizaxe e desenvolvemento do alumnado, membro dunha organización, interlocutor e referente na comunidade educativa, investigador e innovador, especialista na súa materia, comunicador en linguas maternas e estranxeiras e competente en TIC) a partir da análise dos sistema educativos dos seis socios participantes, de cinco países diferentes. 

O traballo redundou na elaboración dun Marco Común de Competencias Profesionais Docentes que inclúe un sistema de detección de necesidades formativas e un sistema de avaliación da formación, así como en dous cursos de formación en rede para profesorado desenvolvidos a partires do propio marco e nunha guía audiovisual de boas prácticas.

No proxecto participaron o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI, en representación de Galicia),  a consejería de Educación da Junta de Castela e León, a Pädagogische Hochschule (Viena, Austria), o Instituto Politécnico de Leiría (Portugal), o Ugdymo Pletotes Centras (Vilnius, Lituania) e o LFEE (Edinburgo Escocia), todas elas institucións centradas nos plans de formación de docentes.

Na xornada de hoxe afondarase nos resultados do proxecto e exporanse experiencias como a dos sistemas de avaliación e coavaliación de Escocia ou o proxecto Observa-Acción, no que participan Castela e León e Galicia. Así mesmo, entre outros asuntos, afondarase na importancia da competencia dixital para a escola do século XXI.

Te puede interesar