xornal escolar

25 Aniversario do Instituto Ribeira do Louro de O Porriño

Alumnos de 4º A no laboratorio en clase de Física e Química.
photo_camera Alumnos de 4º A no laboratorio en clase de Física e Química.

O centro é tamén colaborador e promotor dende o ano 1996 de Proxectos Europeos a través dos que se realizan  mobilidades de alumnado e profesorado. Neste curso escolar acolleron  grupos de alumnos procedentes de institutos de Bosnia, Albania e da India.
 

O IES Ribeira do Louro situado a beira do río que lle da o seu nome na parroquia porriñesa de Torneiros cumpriu este ano o seu 25  aniversario e estase a celebrar como a ocasión o merece. O pasado 5 de maio tivo lugar a xornada conmemorativa na que se realizaron actividades para festexar este evento: actuacións musicais a cargo do alumnado, grabacións  aéreas vía  dron, actividades deportivas, entrega de premios: futbol sala e  concurso  de relatos curtos,  visualización de placas e pancartas conmemorativas e reparto de pins do centro.   O centro  foi inaugurado  en 1992. Naceu como instituto exclusivamente  de Formación Profesional, impartíndose daquela clases de 1º e 2º grao da antigua FP. Coa desaparición do antiguo BUP, apareceu a ESO e o IES Ribeira do Louro foi pioneiro na súa implantación, seguirían os estudos de Bacharelato nas dúas especialidades:  Ciencias e Tecnoloxía   e Humanidades e Ciencias Sociais.  No curso 1998-99 trasladouse a este centro  a Ensinanza para Adultos, a impartir en   horario de tarde-noite en cursos de alfabetización e Graduado Escolar  para seguir máis tarde  coa Educación Secundaria para Adultos, comprimida en dous anos académicos:  un ano, primeiro e segundo de ESO e outro ano:   terceiro e cuarto. Actualmente  súmanselle os Ciclos Formativos  de Formación Profesional  de  Administración de Empresa,  Electricidade e Electrónica e Comercio e Marketing.  Complétase a oferta educativa do centro cos grupos de PMAR de 2º e 3º de ESO e os  dous grupos de Formación Profesional Básica de Servicios Comerciais e Electricidade e Electrónica.  
O Ribeira do Louro é tamén colaborador e promotor dende 1996 de Proxectos Europeos a través dos que se realizan  varias mobilidades de alumnado e profesorado. Neste ano acolleron  alumnos procedentes de Bosnia e de Albania e profesores destes mesmos países e tamén da India que residiron e algúns aínda residen circunstancialmente  no Porriño e asisten e participan de xeito  activo nas clase. En todo este proceso creouse un marco de colalaboración coas universidades de Elbasen Aleksandër (Albania) e CEPS Center For Business Kiseljak e  LOGOS Centre de Mostar (Bosnia Herzegovina). Ao inicio do curso, 9 alumnos de  Comercio Internacional desprazáronse á Albania e Bosnia e estiveron inmersos na vida universitaria destes países, enriquecéndose culturalmente.
, mellorando as súas habilidades lingüísticas en inglés e as súas competencias profesionais xa que poideron asistir a clases de asignaturas relacionadas coa administración, comercio e negocios. 
 

Te puede interesar