VERBUM, CASA DAS PALABRAS

POÉTICAS PARA UNHA VIDA, 2010

CARTEL DE POÉTICAS 2010
PROGRAMACIÓN
7 de Mayo, 20 h: Mª Do CARME KRUCKEMBERG.
8 de Mayo, 20 h: YOLANDA CASTAÑO.
8 de Mayo, 21 h: CÍA DAVID FERNÁNDEZ.
14 de Mayo, 20 h: MICROPOETISA AJO
14 de mayo, 21 h: QUICO CADAVAL.
15 de Mayo, 17 h: DAX 31.
15 de Mayo, 20 h: INÉDITOS LIBRES.
21 DE Mayo, 20 h: ANTÓN LOPO.
21 de Mayo, 21 h: AVELINO SAAVEDRA.
22 de Mayo, 20 h: ESTELA LLOVES.
22 de Mayo, 21 h: AD HOC
Día 7, 20 h. Mª do CARME KRUCKENBERG,
Ao violoncello: SUSANA BRANCO NOVA

Mª do Carme Kruckenberg (Vigo, 1926) é unha das poetas galegas máis relevantes da súa xeración. Partícipe desde moi nova da vangarda poética española na que colaborou da man, entre outros, de Vicente Aleixandre, Rafael Alberti e Dámaso Alonso, Kruckenberg é parte da memoria viva e cultural deste país.

20 libros en galego e 9 en castelán, ademais de contos, traducións e artigos, compón unha polifacética e abundante produción, entre a que figuran tamén varios libros inéditos. Carme é Viguesa Distinguida, Premio Alecrín, Medalla de Galicia, Dama do Padroado Rosalía de Castro, Medalla Castelao, Galega Destacada (Diálogos 90), Medalla da enxebre Orde da Vieira, Letra E de A.E.L.G., Premio 1º de Maio ao compromiso social e á solidariedade, e o seu nome dá nome a unha praza de Vigo, recoñecementos que non só fan mención ao seu labor como poeta senón tamén á súa propia vida, comprometida sempre coa realidade social na que habita.

Acompañada do violoncello, Carme recitará poemas de Vivir, aventura irrepetible, Lembranzas de beleza triste, As complexas mareas da noite e Os límites do arreguizo.

POESÍA


1950. Nestes anos escribe Cantigas de Vento, Los parajes inmóviles e Rumor de Tiempo, editados entre 1956 e 1958. En Bós Aires escribe e pubrica Las palabras olvidadas, unha carpeta de tres poemas adicadas a Paz, par Congreso da Paz de Viena de 1950.

1958. Fai un libriño para a su filla Farol de Aire. Nestes anos viaxa constantemente.

1962. Remata en Saint jean de capa Ferrat Poemas inevitables para la colección “Alrededor de la mesa”, Bilbao.

1964. Tauromaquia en línea y verso, con debuxos da autora.


1969. Memoria de mi sueño.


1972. Cantigas de amigo a Ramón G. Sierra Pampillon


1976. A sombra ergueita. Ediciones Castrelos.


1986. Cantigas para un tempo esquecido. Ediciones O Castro.


1990. Cinco poemas o mar: Ardora, para Baiona Horizonte Atlántico con gravados de Antón Goyanes.

1992. Alegoría do ensoño ferido. Edicións O Castro


1996. Poemas inevitables. Concello de Vigo.


1997. Edición venable de 21 poemas nhun grido de luz, e Meditacións a beira da noite.

1998. Mª do Carme Kruckenberg e 3 poetas madievais da ría de Vigo. Edita Comisones Obreras.

1998. Vivir, aventura irrepetible, en castelan e galego. Libro sobre os 39 paises que percorreo durante istes anos.

1999. Jazz espido. Edicións O Castro, con debuxos de Eva LLorens.


1999. Poemas sen resposta. Ediciones Espiral Mayor.


2000. Obra poética case completa. Ediciónss O castro-Sargadelos, poemas editados dende 1953 ata 2000

2003. Lembranzas da beleza triste. Editorial Espiral Mayor.


2004. Luz para un novo mencer. Edicións O Castro.


2006. As complexas mareas da noite, Editorial Espiral Mayor.


2007. Os límites de arreguizo. Editorial Espiral Mayor


PROSA


1968. El nieto de la sirena. Edicións faro de Vigo, con debuxos de Mª Victoria de la Fuente.

1997. Anael, o vello deus do Mato Groso. Edictou o BNG “Novo do trinque”


1998. O ratiño do Pazo. Debuxos Eva Llorens. Edición non venable.


1998. O paxariño de Sevilla. Edición non venable.


1998. A coroza. Edicións Agua Tinta.


1999. Historias na memoria. Editada por CCOO, con debuxos de Antón Goyanes.


2000. A pulga garimosa. Edición non venable.


2003. A rapaza da frauta e A bolsa de plástico, con debuxos de Evva Llorens. Edicións non venables.

2003. A moneda de vento, con debuxos de Mercedes Lence. Edición non venable.


2004. O gato de San Xoan de Piñeiro. Edición non venable.


__________________________________________________________


Día 8 de maio,
20 h. YOLANDA CASTAÑO
RECITAL POÉTICO MULTIMEDIA'

'A poética de Yolanda Castaño entra en diálogo con outras linguaxes creativas tratando de explorar novas canles de expresión para o verso. Se o auténtico reto da poesía é adaptarse aos tempos, o xénero lírico trascende aquí os seus formatos máis ortodoxos da man do son, do audiovisual ou das novas tecnoloxías. Unha experiencia poética diferente capaz de captar aos máis versados tanto coma aos menos familiarizados coa poesía contemporánea'.

YOLANDA CASTAÑO (Santiago de Compostela, 1977)
No ano 90 trasládase á Coruña, onde se licencia en Filoloxía e realiza estudos audiovisuais. Foi Secretaria Xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega e formou parte da súa directiva durante varios anos, asi mesmo, foi directora da Galería Sargadelos da Coruña. Ademáis de poeta (Premio Nacional da Crítica 1999) é articulista en varios medios escritos galegos, mentras co-presenta un concurso cultural que se emite de luns a venres na TVG dende hai xa 4 anos. Foi guionista, dirixiu e presentou na TVE-Galicia o seu propio programa adicado ás vangardas artísticas galegas: “MERCURIA”, polo que foi galardoada co Mestre Mateo á “Mellor Comunicador/a de TV 2005”. No 2007 foi galardoada co XV Premio Espiral Maior de Poesía e, máis recentemente, co Ojo Crítico que concede RNE ao mellor libro de poesía publicado por un autor/a mozo/a no Estado Español.

Foi fundadora da revista Valdeleite e da editorial de poesía para novos valores 'Letras de Cal'. Activa dinamizadora cultural, organizadora de ciclos de recitais poéticos (actualmente dirixe “POETAS DI(N)VERSOS” no Concello da Coruña), ten colaborado en numerosos medios de comunicación escrita, así coma en libros colectivos, antoloxías tanto galegas como estatais, congresos e infinidade de recitais dentro e fóra de Galicia, así coma no estranxeiro (Bélxica, Perú, EE.UU., Italia, Arxentina, Lituania, Nicaragua, Madeira, Polonia, Finlandia, Venezuela, Francia, Austria ou Finlandia). Ten impartido obradoiros de poesía e clubs de lectura, coordinado volumes colectivos, comisariado mostras de arte e de poesía, ten redactado prólogos, textos para espectáculos de danza, colaboracións escritas de todo tipo e tres poemarios infantís (“Punver”, “Punver de volta” e “Cando eu saiba ler”). Fortemente interesada na fusión entre a poesía e outras linguaxes creativas, ten desenvolvido moi diversas experiencias misturándoa coa música, a plástica e o audiovisual, actividade pola que tamén foi premiada. Poemas seus foron traducidos ao castelán, catalán, francés, italiano, alemán, ruso, inglés, polaco, árabe e lituano.

Obra individual publicada:

- 'Elevar as pálpebras', Espiral Maior, 1995. Premio Fermín Bouza Brey (publicado cando tiña só 17 anos).
- 'Delicia', Espiral M., 1998 (2ª edición no 2006, na colección Poeta en Compostela do Grupo Correo Gallego)
- 'Vivimos no ciclo das Erofanías', Espiral Maior, 1998. Premio Johán Carballeira e Premio da Crítica Española.
- 'Vivimos en el ciclo de las Erofanías', Huerga & Fierro, 2000. (edición bilingüe)
- 'Edénica', Espiral Maior, 2000. (antoloxía persoal + CD no que a autora canta versións musicadas dos seus poemas)
- “O libro da egoísta”, Galaxia, 2003, (2ª edición: 2004)
- “Libro de la egoísta”, (Ed. bilingüe) Visor, 2006
- “Profundidade de campo”, Espiral Maior, 2007 (XV Premio “Espiral Maior”).
- “Profundidad de campo”, (Ed. bilingüe) Visor, 2009. Premio Ojo Crítico de RNE.
____________________

DÍA 9 do maio
21 h. CÍA DAVID FERNÁNDEZ RIVERA
O home de Alambradas e Bajo las horquillas del fénix, preséntasenos como cativo das cidades, alienado nunha sociedade gris, decrépita, subordinada ao deus do capital, nun mundo hostil á creatividade e nocivo contra a natureza e coa esencia natural.

Natural de Vigo, leva máis de sete publicacións de poesía ás súas espaldas con distribución en máis de doce países ós seus 24 anos. Coma director de teatro codirixiu con artistas da talla de Moira Chapman (directora do exitoso musical “Cabaret”), para no 2009 fundar a súa propia compañía: “Cía. de David Fernández Rivera”. Centra todos os seus esforzos na súa proxección coma autor e director en hispanoamérica e na realización de espectáculos coreográficos con lume, sendo dos pioneiros deste estilo en Galicia.

Te puede interesar