Galicia

"Somos unha opción sólida para os que ven que galicia non vai ben"

Gonzalo Caballero, na sede do PSdeG en Santiago.
photo_camera Gonzalo Caballero, na sede do PSdeG en Santiago.

n n n Oito meses despois de tomar  a batuta dun PSdeG con máis dúbidas que certezas, Gonzalo Caballero trata de marcar o rumbo dun partido que pasou en sete anos do Goberno galego a ser a terceira forza no Parlamento. Trala moción de censura en Madrid, Caballero está convencido de que o "efecto Pedro Sánchez" chegará a Galicia para recuperar a Xunta en 2020.
 

Hai estabilidade no PSdeG por fin?
Levamos oito meses recuperando forza e músculo no territorio. Creo que conseguimos visualizar de novo un PSdeG activo e dinámico, que pode configurar unha opción fiable para unha maioría social de galegos que ven que Galicia non vai ben.

Está pechada esa ferida que se abriu tras rematar o bipartito?
Tentouse abrir un ciclo novo, pero o certo é que tivemos dificultades para remontar aquela situación. Estamos vivindo tempos distintos, boa parte deles marcado pola nova etapa con Pedro Sánchez. O PSdeG está demostrando que sabe conseguir una opción política sólida, que non supón un experimento cara ningures senón que é unha opción viable.

Este cambio de Goberno en Madrid é un acicate inesperado.
O PSOE quere ser unha referencia na esquerda e alternativa ó PP, non cómplice dos gobernos da dereita. Conseguimos reconstruir a historia da esquerda, perder os complexos que tiñamos, pedir votos sen que iso implique facer ningunha concesión contraria ó noso proxecto. Hai un retroceso electoral moi claro do PP en España e Galicia, evidenciando que se abre un novo tempo que nos permite recuperar a conexión co electorado e gobernar agora España e traballar para facelo en Galicia.

Pódese con 84 deputados?
Somos conscientes de que a aritmética parlamentaria é complexa. Agora ben, en España era imprescindible retirar ó PP e a Rajoy do Goberno por negarse a recoñecer a corrupción.

Non bota de menos peso galego no equipo de Pedro Sánchez?
Creo que a Galicia lle irá ben cun goberno que tome medidas de progreso social, que dea solucións ós problemas de España, que atenda ás necesidades dun país no que as pensións e salarios son máis baixos e ten un problema demográfico. O que si sabemos é que co goberno do PP de Rajoy, que era galego, a Galicia non lle ía ben. E Feijóo era cómplice. As medidas socialistas son máis necesarias que nunca nun lugar como Galicia, con recortes nos servizos públicos, debilitamento do sector productivo, abandono do rural, sen dinamismo demográfico. Ese é o balance de Feijóo, un mal presidente para Galicia.

Sorprendeulle que Feijóo non opte a suceder a Rajoy?
Fixo un teatro político co seu anuncio dicindo que quería servir a Galicia pero á vez evidenciando a súa insatisfacción con aquelo que anunciaba. Responde ó seu tacticismo en clave electoral e ás informacións que ten sobre como vai ser o escenario político en España para o PP.

Fala de todas esas eivas, pero Galicia segue sendo o principal bastión do PP. Algo se faría mal.
É certo que o balance de Feijóo e 
do PP é negativo, pero tamén que o PSdeG tiña un reto que cubrir.

Liderado por Gonzalo Caballero nas próximas autonómicas?
Tivemos un proceso de primarias para elixir o secretario xeral, voume adicar catro anos e a miña folla de ruta era traballar para conseguir un cambio de ciclo que leve ó PSdeG á Xunta. Todos somos instrumentos ó servizo da causa e eu son un máis.

Pero é o máximo representante. Gustaríalle ser candidato?
Farei o que sexa mellor para o partido. Os intereses colectivos están por riba de calquera individual.

Nesa folla de ruta, entrar no Parlamento é unha opción?
Trasladei cando fun elixido que o meu esforzo se ía centrar na secretaría xeral. Tamén son profesor, manteño obligacións docentes para amosar que un ven á política coa vida resolta, coa súa tarefa profesional e entendendo a política como un servizo público, non para buscar a promoción persoal ou económica. É importante isto, estou atendendo toda a axenda política do PSdeG con plenitude, recorrendo as catro provincias. A maiores, é certo que estamos en tempo de moitos cambios e hai que estar abertos a máis e que poida ocupar unha responsabilidade no Parlamento, pero non era a previsión para o meu primeiro ano.
Pero todo cambiou coa moción de censura, cos cargos pendentes.
Non é descartable, pero a data de hoxe non está decidido nin previsto. Enganaria se dixese algo distinto. Digo o mesmo que dicía en outubro e ó que ninguén lle daba fiabilidade, aínda que agora todo o mundo vai vendo que era así.

O novo delegado do Goberno era o que quería Gonzalo Caballero? Soaba Pablo Arangüena.
O PSOE ten banquillo para desenvolver as distintas funcións con distintos perfiles. Pedro Sánchez fixo un magnífico Goberno e está desenvolvendo moi ben os equipos. Correspóndelle a el, eu respaldo as súas decisións, teño unha moi boa relación con Javier Losada, co que falo a diario e co que haberá unha relación moi fluída. 

Te puede interesar