GALICIA

Quintana descarta en Santiago a súa volta á política institucional

Quintana y Pereiro, presidente del Colexio de Xornalistas.
photo_camera Quintana y Pereiro, presidente del Colexio de Xornalistas.

O exvicepresidente da Xunta medita crear "un instrumento de debate"

n n n O exvicepresidente da Xunta e exvoceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, descartou onte a súa volta á "política institucional", pero avanzou que medita a creación dun "instrumento" de debate e participación social sobre a necesidade de que Galicia conte cun espazo político "propio" no medio do proceso actual de "desgaleguización". É unha das "preocupacións" que expresou en rolda de prensa tras participar nos 'Almorzos On/Off' do Colexio de Xornalistas, onde reflexionou sobre que a cidadanía galega actualmente só percibe dous espazos políticos: "a esquerda e a dereita". Con anterioridade a esta comparecencia, Quintana reaparecea por primeira vez nun acto público despois de cinco anos no Foro de La Región o 3 de outubro, donde repasou a actualidade galega e falopu dos seus planes de futuro.
"Para min, Galicia é un país. Coas súas diferenciacións e as súas especificidades. E unha das cousas que caracteriza a Galicia como país é ter un sistema político propio no que opera a dereita española, a esquerda española e o nacionalismo ou o galeguismo político", debuxou. 
E é que, ao seu xuízo, esta situación é "mala" para a comunidade galega, porque "perde unha dos seus sinais de identidade" e porque "os problemas de Galicia non se van resolver nunca polo simple feito de que goberne a dereita ou a esquerda". "Vanse resolver na medida en que os galegos teñamos capacidades propias para gobernarnos por nós mesmos", defendeu. 
Como exemplo, sinalou que o problema do sector naval non é "entre obreiros e patróns", senón que radica en que as administracións estatal e comunitaria non permiten que os estaleiros da comunidade "constrúan barcos" por "ser galegos". É, polo tanto, dende o punto de vista de Quintana, un problema territorial. 

FÓRA DO DEBATE TERRITORIAL 
Queixouse de que, no actual debate territorial aberto en Cataluña e que inclúe tamén ao País Vasco, Galicia "non existe como suxeito político na política española". "Cando se fala dende Madrid dos problemas territoriais, xa non se menciona a Galicia", evidenciou o nacionalista. 
Dende o convencemento de que este debate suporá "un cambio na estrutura do Estado", que levará consigo "un recoñecemento" á "realidade" das outras dúas comunidades históricas, advertiu de que "se ese proceso se fai sen a participación de Galicia, o resultado será catastrófico para Galicia". É por iso que criticou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non mostre "ningún interese" por situar a Galicia neste asunto. "Nin dende a súa perspectiva política", afeou.  Así as cousas, formulou que só os cidadáns poderían lograr incluirse nesa discusión territorial, fóra da cal "Galicia sairá perdendo", e este escenario levoulle a pensar na creación dun instrumento que poida "vehiculizar" inquietudes similares á súa. n 

Te puede interesar