Galicia

Pontón reivindica a vixencia plena do legado de Castelao

Un momento do acto de homenaxe a Castelao na localidade de Rianxo.
photo_camera Un momento do acto de homenaxe a Castelao na localidade de Rianxo.

A portavoz nacional do BNG considera "imprescindible" para Galicia o proxecto político nacionalista

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou a vixencia do legado de Castelao no acto de homenaxe que cada 7 de xaneiro celebra o seu partido en Rianxo (A Coruña) para conmemorar a figura deste referente do nacionalismo, proxecto político que, ao seu xuízo, é "imprescindible" para Galicia.
"Recordamos a Castelao porque nos sentimos herdeiros e herdeiras dun pensamento e dunha tradición política máis necesaria que nunca, porque estamos vivindo tempos convulsos e confusos e, si algunha nación sen Estado precisa dun forte movemento nacionalista, esa é Galicia", subliñou Pontón.
Segundo indicou o Bloque nun comunicado, a portavoz nacional instou, de cara á celebración da XVI Asemblea Nacional en marzo, a "fortalecer o músculo e a capacidade de actuación do BNG como alternativa de futuro para darlle esperanza á maioría social do país".
Sostén que o Bloque ten "un modelo real de cambio" como, na súa opinión, demostra nos concellos nos que goberna. Así mesmo, interpelou a quen "están fartos de sentirse indignados e estafados".
"É o momento do compromiso e o activismo", subliñou Pontón, quen considera que 2017 trae "retos importantes" que requiren de "intelixencia, unidade e activismo social" para "sacar adiante a un país en mans dun goberno vello e sen ideas".
Para este ano que ven de comezar, ve "prioritaria" a "defensa do status político de Galicia como nación", contrarrestando a un Feijóo "campión da recentralización". Tamén considera "urxente" alcanzar "un novo modelo de financiamento que acabe coa discriminación e que implique o control total dos ingresos do país a través dun concerto económico que pase a xestión íntegra a Galicia".
Así mesmo, aposta por un pacto galego contra a violencia machista, dando un "salto cualitativo" e pasando de "cinco a 95 millóns de euros". Tamén defende non renunciar a unha AP-9 "galega como primeiro paso para acabar coa estáfa  dos peajes". 

Te puede interesar