A ourensá Cristina Pato gaña o Grammy ao mellor álbum "world music"

A artista ourensá acadou xunto o seu grupo, Silk Road Ensemble, o Grammy ao mellor álbum de "world music" grazas ao traballo 'Sing me home'

Cristina Pato nun concerto en Ourense.
Cristina Pato nun concerto en Ourense.
A ourensá Cristina Pato gaña o Grammy ao mellor álbum "world music"

A artista ourensá Cristina Pato acadou esta pasada noite o Grammy xunto ao seu grupo Silk Road Ensemble ao mellor álbum "world music" grazas ao seu traballo 'Sing me home', un galardón que xa recibira no ano 2010 con 'Songs of Joy and Peace'. 

Un álbum interpretado polo Silk Road Ensemble, Yo-Yo Ma e no que conta coa colaboración de salientables artistas convidados galegos e outros internacionais como Gregory Porter ou Sarah Jarosz. 

O album foi desenvolvido e gravado en paralelo a The Music of Strangers: Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble, o documental do director gañador dun Oscar e un Emmy Morgan Neville que narra a historia do Silkroad, que se estreou en xuño nos cinemas de todo o mundo. 

Este filme tamén optaba ao Grammy mellor filme musical, que rematou gañando ‘The Beatles: eight days a week the touring years’, onde tamén competía o filme de Beyoncé ‘Lemonade’.