Galicia

Identidade dixital e Valores europeos, novas asignaturas

Estudiantes na biblioteca do campus.
photo_camera Estudiantes na biblioteca do campus.

Consumo responsable e Mobilidade escolar sostible completan as novedes do próximo curso

Os alumnos galegos contarán con catro novas materias de libre configuración autonómica para o próximo curso. En concreto, serán Identidade Dixital, Consumo Responsable, Valores democráticos europeos e Mobilidade escolar sostible e segura. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de ampliar o paquete de materias que poderán ofertar os centros educativos o ano que vén tras o "éxito" da implantación deste modelo nos últimos dous anos, co que busca reforzar competencias crave e potenciar a educación en valores.
No curso que termina implantáronse nove materias de libre configuración autonómica en ESO e outras 10 en bacharelato, chegando a un total de 1.239 centros e máis de 31.000 alumnos. Así, nesta nova remesa de materias, Identidade Dixital abordará os contidos desta disciplina, é dicir, o conxunto de información sobre un individuo ou organización exposta en internet (como datos persoais, imaxes ou rexistros de diversa índole).
Tamén se introduce unha materia sobre Consumo responsable, para formar a unha "cidadanía máis crítica, autónoma e consciente" dos seus dereitos e responsabilidades como consumidores.En Valores democráticos europeos, os alumnos abordarán o diálogo intercultural, a colaboración, e a relación cos actores sociais, para favorecer a convivencia e o progreso cidadán e a construción da sociedade do futuro.


Finalmente, Mobilidade escolar sostible e segura exponse desde o punto de vista cívico e o respecto polas normas de convivencia no uso de espazos públicos e a garantía da seguridade nos seus desprazamentos, atendendo o caso concreto dos colectivos máis vulnerables no uso da vía pública (nenos, maiores ou ciclistas). 

Te puede interesar