día de galicia

A homenaxe a Rosalía une a política e cultura

Feijóo, na ofrenda floral en San Domingos de Bonaval.
photo_camera Feijóo, na ofrenda floral en San Domingos de Bonaval.

nnn  Igrexa de San Domingos de Bonaval acolleu un ano máis, con motivo do Día de Galicia, a misa en homenaxe a Rosalía de Castro. O acto contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e outros membros do Goberno autonómico, xunto a numerosos representantes da cultura galega.
A cerimonia, oficiada por Benito Méndez Fernández, contou coa participación do Coro Cantabile. O altar estivo presidido durante toda a misa por decenas de coroas de flores que logo foron depositadas como ofrendas no Panteón de Galegos Ilustres. Membros da Asociación do Traxe Galego acompañaron a diferentes responsables de organizacións e institucións políticas no momento de depositar a ofrenda floral no Panteón, en homenaxe a Rosalía.
Estiveron presentes, entre unha vintena de organismos, representantes da Real Academia Galega; das universidades de Santiago de Compostela e Vigo; as deputacións de Pontevedra e Ourense e os grupos municipais popular e socialista, entre outros.  n

Te puede interesar