GALICIA

Familiares e vítimas levan a súa "rabia e dor" ata Angrois

Familiares e víctimas, durante a concentración na curva de A Grandeira, en Angrois.
photo_camera Familiares e víctimas, durante a concentración na curva de A Grandeira, en Angrois.

"Esiximos xustiza, verdades e responsabilidades políticas", reivindican os afectados polo sinistro

n n n  Os familiares e as vítimas do accidente do Alvia acontecido o 24 de xullo de 2013 levaron este domingo, coincidindo co terceiro aniversario da traxedia, a súa "rabia e dor" ao barrio compostelano, situado nos arredores, de Angrois, onde ratificaron a súa promesa de "loitar polos que non están". O acto en homenaxe aos 81 falecidos e máis de 140 feridos arrancou ás 19,00 horas cun pequeno percorrido reivindicativo no que os asistentes portaron a mesma pancarta que xa mostraron na mañá deste domingo na compostelana Praza do Obradoiro e na que se puideron ler as demandas do colectivo.
"Esiximos verdade xustiza e responsabilidades políticas: PP, PSOE, Adif e Renfe", rezaba a pancarta que sostiveron vítimas e familiares nos dous actos desta xornada que recorda a traxedia de 2013 na curva de A Grandeira. Tras ese percorrido, tomaron a palabra familiares, vítimas e veciños do barrio nun acto cargado de "emoción", pero tamén de "indignación" polas "mentiras" que "tiveron que escoitar" durante estes tres anos por parte das institucións estatais.

acto no obradoiro
Precisamente, no acto que tivo lugar pola mañán no Obradoiro, os familiares e as vítimas do accidente concentráronse para esixir "xustiza" tras "tres anos de mentiras" e "afrontas" por parte do Goberno, ao que acusan de "premiar" os responsables políticos da traxedia e de "non colaborar coa Xustiza". "O que fixeron dende o Goberno e, en concreto, a exministra de Fomento Ana Pastor, así como os dirixentes de Renfe e Adif, foi que tardásemos tres anos e que as vítimas e os familiares teñamos que seguir sufrindo, con esta dor, en vez de buscar a verdade para que poidamos pasar páxina e que un accidente tan terrible non volva acontecer", denunciou en declaracións aos medios o presidente da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez.
Neste sentido, as vítimas criticaron que, lonxe de asumir responsabilidades políticas, os "responsables políticos" da traxedia "fosen premiados". n 

Te puede interesar