PLAN DE DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DE GALICIA 2013-2016: horizonte 2020

Bono Coidado: apoio directo para a conciliación familiar e laboral

O programa trata de facilitar solucións efectivas de conciliación.
photo_camera O programa trata de facilitar solucións efectivas de conciliación.

nnn   O Bono Coidado concíbese coma un  recurso público complementario de apoio ás  familias para a atención e cuidado puntual dos menores de 3 años, no domicilio familiar, cando circunstancias imprevistas e debidamente xustificadas impidan ou dificulten a sua realización as persoas que habitualmente  desenrolan esta función.
O “Plan de Dinamización Demográfica de Galicia 2013-2016, horizonte 2020” recolle como un dos seus obxectivos estratéxicos o de ampliar e consolidar as medidas para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar. Deste xeito, unha das suas medidas prioritarias é a promoción e diversificación dos servizos de atención á infancia.
A atención das necesidades de conciliación das familias galegas é tamén unha das áreas estratéxicas do Programa de apoio á natalidade (PAN), área que ten como obxectivo propiciar un ambiente social favorable no que non entren en conflicto as responsabilidades parentais de coidado co acceso e permanencia no mercado de traballo e na que se prevé, entre outras medidas, a posta a disposición das familias de recursos que lles permitan compatibilizar o desempeño profesional coas labores de atención e coidado dos fillos.

axuda directa
Por iso, para a Xunta de Galicia resulta importante avanzar na posta a disposición das familias das solucións efectivas a suas necesidades de conciliación, finalidade á que corresponde esta medida que a Consellería de Política Social pon en marcha de  xeito experimental co fin de testar a demanda de recursos de atención personalizada a domicilio como vía para a cobertura de necesidades puntuais de conciliación.
O Bono Coidado é unha axuda económica directa ás  familias para colaborar no pago do importe do servizo de atención a nenos e nenas de 0 a 3 anos a domicilio. A Xunta destina a esta medida tres millóns de euros, dos que 750.000 euros será para o que resta  de 2016 e 2.250.000 para o exercicio 2017. n

Te puede interesar