Vigo

As “Facianas” de Xulio Fontes adéntrase no rostro feminino

Xulio Fontes e a súa exposición “Facanas” que se mostra en La Real.
photo_camera Xulio Fontes e a súa exposición “Facanas” que se mostra en La Real.

A mostra exponse na cervecería la real e componse por dezasete lenzos centrados no busto da muller

Xulio Fontes (Quintela de Leirado, 1951) regresa ao panorama artístico vigués cunha exposición adicada á estética feminina. A súa serie de “Facianas” colgará perante todo o mes novembre en La Real, situada en Couto Piñeiro, 1.
En formato medio e a través de diferentes técnicas, o artista ourensano adéntrase no rostro feminino, resaltando os distintos cánones da muller. En total son dezsete lenzos que se amosan por primeira vez.
Na súa proposta repítense constantes da obra de Fontes, coma a forza cromática de cada unha das súas composicións e a inspiración étnica, omnipresente nos seus retratos. Ao igual que na súa producción anterior, a incorporación de obxectos á composición enriquece a percepción final da obra. Ao artista interésalle o busto, onde centra  a súa atención descoidando intencionadamente os fondos, a perspectiva ou a profundidade. “Facianas” amosa unha nova faceta de Xulio Montes, que mantén o obradoiro na cidade.
Esta exposición é a primeira dos novos proxectos que asumirá o artista nos vindeiros meses. Así, a finais de ano prepara a edición dun libro, onde as súas ilustracións iluminarán os textos de literatos galegos. Xa para abril prepara unha nova exposición. Trátase dunha mostra individual que se inaugurará no Centro Portugués de Vigo, sito na rúa Barcelona.

Te puede interesar
Más en Escaparate