economía

CC OO traballa na viabilidade do sindicato recortando os gastos

Ramón Sarmiento, de CC OO.
photo_camera Ramón Sarmiento, de CC OO.

 O sindicato CC OO en Galicia renovou esta semana a súa directiva para afrontar unha nova etapa. O principal problema co que se atopa é a súa delicada situación financiera.

"A anterior dirección, tanto dende a miña candidatura como Maica, nos deu participación no proceso de situación de análise nestes meses, e participamos nese proceso", explica o novo secretario xeral de CC OO, o vigués Ramón Sarmiento.
Este sinala que a nova direción "temos iniciado un plan de viabilidade para a organiación, con medidas a corto medio e longo prazo, faladas e consensuadas con traballadores e a dirección nacional".
O sindicato perdeu preto do 54% das subvencións públicas que recibía e negocia despidos individuais ou rebaixas salariais para manter os servicios que ofrece. Tamén venderá locais en Santiago e Vigo.
Sarmiento explica que o seu obxetivo é "traballar de xeito inmediato, hai iniciativas de recorte de gasto recursos e desviar a outras actividades como a xuventude e a muller".

Te puede interesar