bandeira teresa herrera

Samertolameu, raíña do Orzán

Os remeiros de Samertolameu en pleno festexo da vitoria na Coruña.
photo_camera Os remeiros de Samertolameu en pleno festexo da vitoria na Coruña.

 Samertolameu puxo onte unha mella máis ó revólver da súa extraordinaria tempada.

O bote de Meira confirmóuse como a traiñeira galega máis forte fóra do universo ACT e ondeou a Bandeira Teresa Herrera da Coruña para culminar unha fin de semana na que se amosou inabordable. Líder o sábado na contrarreloxo de clasificación e líder onte na proba en liña das dez mellores. Coruxo, que remou na primeira quenda, acabou en novena posición, só por diante de Amegrove.
A diferencia doutros anos, a Teresa Herrera non foi puntuable para a Liga LGT, que parou nas tres categorías para a disputa da bandeira máis clásica e tradicional do mundo das traiñeiras en Galicia.
Pero igual que cada fin de semana na Liga A, o barco de Moaña amosou a súa superioridade. Bogou na segunda das dúas quendas, xunto a Ares, Mecos, Mera e Amegrove. Rapidamente, a proba volveuse un man a man entre Meira e Ares, que viraron á par nas dúas primeiras ciabogas. Pero o ritmo de Samertolameu non é doado de soportar durante moito tempo e xa no terceiro longo colleu uns segundos de vantaxe que certificou na meta.
Na proba feminina, a vitoria foi para o Náutico de Riveira, que amosou por que é o líder da liga feminina. Segunda foi Cabo e terceira, Perillo. 

Te puede interesar