vela semana galega

María Pérez-Canal e África Alonso, a un paso do título

Bruno Ameneiro cruza a liña de chegada no porto de Vilagarcía.
photo_camera Bruno Ameneiro cruza a liña de chegada no porto de Vilagarcía.

 A localidade de Vilagarcía acolleu onte a xornada final da Semana Galega da Vela, que finalizou sen título para o Náutico de Vigo nunha Medal Race negra de Jorge Enríquez e Guillermo Núñez na clase 420.

A parella do club vigués chegou á regata definitiva na primeira posición, pero comezou cunha sanción e rematou retirada na proba decisiva. O barco formado por Manuel Lorenzo e Guillermo Rodríguez aproveitou a circunstancia para facerse coa vitoria ó ser terceiro na Medal Race, xusto por diante de África Alonso e María Pérez-Canal, do Náutico de Vigo. Con este resultado, o barco do Náutico de Sanxenxo accedeu á primeira posición seguido do feminino e terceiro rematou o dúo Enríquez-Núñez.
Na clase Optimist, a máis numerosa, o título foi para Bruno Ameneiro, que mandou durante toda a competición. Entre os Láser viviuse unha vitoria para os representantes da Ría de Vigo. Chegou na división 4.7 e tivo como protagonista a Pedro Fernández, do Marítimo de Canido. 
En windsurf obtiveron a vitoria Juan Vieito (Fórmula Windsurfing) e Lucas Maceira (Techno 293), os dous navegantes do club cangués Liméns Wind. 
A xornada rematou coa correspondente entrega de premios e con varios actos paralelos. Entre eles estivo o recoñecemento ó dúo do Náutico de Vigo formado por Martín Wizner e Pedro Ameneiro, que conquistou o Europeo júnior de 420 o pasado mércores.n

Te puede interesar