mundial feminino

A galega Yolanda Parga será asistente na final do Mundial

Parga, del comité madrileño, ya pitó en un Mundial sub-20.
photo_camera Parga, del comité madrileño, ya pitó en un Mundial sub-20.

A FIFA fixo oficial a última hora do pasado venres o equipo arbitral para a Final do Mundial de Fútbol Feminino de Canadá, cuarteto no que se atopa a galega  Yolanda Parga (A Coruña, 1978), que foi designada como árbitro asistente para o partido decisivo no que se vai a decidir a selección campioa do mundo. Unha final que se vai a disputar na madrugada do domingo ao luns (1:00, Teledeporte).
Ao clasificarse EE.UU. e Xapón para a final, todo facía indicar que o equipo arbitral sería europeo, polo que as opcións de Yolanda aumentaban considerablemente, tendo en conta ademais as súas boas actuacións nos tres partidos nos que estivo presente xa no Mundial. Así, a FIFA elixiu a Kateryna Monzul (Ucrania) como árbitro, a Parga e a Natalia Rachynska (Ucrania) como asistentes e a Claudia Umpiérrez (Uruguay) como cuarto árbitro.
A Yolanda Parga chégalle este enorme éxito con 36 anos. Esta coruñesa foi pioneira na arbitraxe galega, marcando camiño para outras mulleres. Viviu a arbitraxe desde pequena e agora chégalle a oportunidade de cumprir un sono: estar na final do Mundial.
Parga está adscrita ao comité madrileño (está casada co ex árbitro internacional Megía Dávila) pero foi como árbitro do comité galego cando se fixo un oco na élite da arbitraxe en España. Pouco a pouco foi facendo camiño ata converterse nunha asistente de referencia a nivel internacional no que a fútbol feminino se refire. Xa participou nos Xogos Olimpicos de Londres e en outros eventos de máxima relevancia no fútbol feminino coma o Mundial sub-20. E agora estará na gran cita, na final do Mundial absoluto.
Para a árbitro asistente coruñesa este será o cuarto partido deste Mundial. Participou en dous da primeira fase: Australia - Nixeria e Ecuador - Xapón, e tamén en un de 1/16 de final: EE.UU - Colombia.

Te puede interesar