terceira división

Un estreo pola porta grande

Fonseca controla un esférico ante a oposición do mediocentro local Molinos.
photo_camera Fonseca controla un esférico ante a oposición do mediocentro local Molinos.

O Choco goleou ó Cultural Areas para acadar a primeira vitoria da tempada e saír da zona baixa da clasificación

O primeiro sorriso do curso chegou na casa para un Choco que comezaba a ter necesidade de puntos despois de tres partidos sen gañar. Non obstante, onte, no campo de Santa Mariña saíu todo a perfección e logrou unha goleada ante un feble Cultural Areas, que remata a xornada en postos de descenso. 
O equipo de Jacobo Montes decantou cedo o partido. Ó cuarto de hora de encontro, Cortegoso recolleu un balón na súa área tras un saque de curruncho do Areas. Sacou en longo para a carreira de Pablo Piñeiro, que percorreu toda a banda e, ó chegar ás inmediacións do área, puxo o centro para a chegada de Aitor Gómez, que bateu a Adrián. 
Co marcador a favor, o Choco tratou de conservar a posesión ante un equipo de Ponteareas que carecía de claridade en ataque. Creou perigo en xogadas a balón parado, pero o segundo tanto da tarde tivo, de novo, autoría local. Nesta ocasión, o lateral Carminatti penetrou polo seu carreiro ata as inmediacións do área e, nesta ocasión, o centro foi rematado por Hugo Sanmartín para facer o gol e deixar ó Choco con dous tantos de renda antes do descanso.
Fonsi Valverde, adestrador do Cultural Areas, moveu o banco no intermedio coa intención de lograr crear máis perigo. Cuadrado e Mota saltaron o terreo de xogo para intentar mellorar a creación local, pero os plans visitantes racháronse antes do cuarto de hora da segunda meta da. 
O experto central David Campos viu dúas amoestacións noutros  tantos minutos e marchou camiño dos vestiarios. En inferioridade e con dous xogadores menos sobre o terreo de xogo, pouco puido facer o Cultural Areas. 
Cando o encontro entrou no tramo final, Mota cometeu unha pena máxima sobre Silva que transformou o atacante e, na prolongación, un contragolpe do Choco rematou cun man a man de Hugo, que superou a Adrián con claridade para tirar ó Choco do descenso e empuxar ó Areas a esa zona.

Choco: 
Cortegoso, Yago Vázquez, Saúl, Lucas, Carminati, Molinos, Pablo Piñero (Gonza, min. 75), Comis, Rober (Fernando, min. 66), Hugo, Aitor Gómez (Silva, min. 51). 
Cultural Areas:
Adrián, Marcos, Juan Sánchez, Cañi, David Campos, Jesús Ramos, Alberto Suárez (Cuadrado, min. 46), Manu VIlán, Fonseca, José Arenas (Couso, min. 83), Félix (Mota, min. 46). 
Goles:
1-0, min. 15: Aitor Gómez; 2-0, min. 37: Hugo; 3-0, min. 88: Couso; 4-0, min. 89: Hugo. 
Árbitro:
David Iglesias. Expulsou a David Campos por dobre cartón amarelo (min. 58). Amonestou a Hugo polo Choco e a Jesús Ramos e Pablo Mota polo Areas. 
Incidencias:
Santa Mariña. Uns 200 espectadores. 

Te puede interesar