liga act san miguel

Un descenso no río Nervión

A tripulación de Tirán Pereira realiza unha ceavoga na regata de onte en Bilbao.
photo_camera A tripulación de Tirán Pereira realiza unha ceavoga na regata de onte en Bilbao.

Samertolameu perde a categoría en Bilbao e Tirán Pereira ascende ata a quinta posición

A realidade é incontestable. Era cuestión de regatas o regreso de Samertolameu á Liga Galega e onte confirmouse matemáticamente no río Nervión, na contrarreloxo de Bilbao co Gug-genheim como principal testemuña. Sucedeu onte, pero a perda de categoría non se pode situar en terras vascas, probablemente tampouco na temporada de verán. O descenso xestouse no mal inverno que padeceu a entidade moañesa, que non tivo a capacidade para formar unha estrutura coas mínimas garantías para permanecer na liga ACT San Miguel. 
Na xornada de onte, "A Terca" rematou na última posición e perdeu a categoría despois dun notable esforzo de todos os remeiros e hoxe despedírase dunha tempada que comezou moi lonxe dos seus rivais e mellorou na segunda parte do curso para, polo menos, loitar en cada unha das regatas.
Pola súa banda, Tirán Pereira amosou unha das mellores facianas da campaña e encadea a terceira regata consecutiva con boas sensacións. Parece que José Ángel Cambados 'Truco' conseguiu afinar a "Mar do Con" para o tramo final de curso e onte, a pesar de ter problemas para sacar ritmo durante un treito da proba, finalizou na segunda posición na quenda intermedia do día e ascende á quinta posición na xeral. Por diante da tripulación moañesa soamente están as catro embarcacións de maior orzamento do Cantábrico, as catro grandes que son Orio, Kaiku, Urdaibai e Hondarribia. 
Entre as traiñeiras que compiten con Tirán Pereira, onte foi San Pedro a que amosou a súa mellor faciana e puxo de manifesto que as regatas no río Nervión son a súa especialidade. A auga doce parece gustar ó supostamente peor bote de Pasaia e ten mala dixestión para o súa veciña de San Juan, que foi novena e perdeu o quinto posto na xeral, que ocupa a "Mar do Con".
Na loita pola vitoria, Hondarribia sumou cunha rutina case pasmosa a duodécima vitoria do curso e está camiño do récord nunha tempada en poder de Castro Urdiales. Onte tivo a oposición de Urdaibai, segunda na clasificación xeral, pero encabezou a regata dende o primeiro longo. Na metade da regata, a "Ama Guadalupekoa" tiña unha renda de tres segundos, que se reduciu a dous na terceira baliza, pero o amago de reacción do bote de Bermeo quedou en nada no rego decisivo. Queda por coñecer o día no que Hondarribia certifica o título.n

Te puede interesar