V

O Xuvenil recibe ó Covadonga sen Andric

Celso Veloso dá indicacións durante un partido.
Celso Veloso dá indicacións durante un partido.
O Xuvenil recibe ó Covadonga sen Andric

 O Xuvenil de Teis recibe esta tade no seu Pavillón Municipal de Teis ó Covadonga (18:15) nun partido de rivalidade directa porque ambos equipos están separados por un punto na clasificación do grupo I de Superliga Feminina 2. 
Celso Veloso é consciente da dificultade do partido e tamén de que unha vitoria afastaría de xeito case definitivo a posibilidade de descenso e permitiría ó equipo gañar en autoestima para mellorar posicións na táboa. As viguesas ocupan agora a novena posición pola décima do seu rival. 
O problema está no capítulo de baixas porque Veloso perde a croata Andric, que padece unha torcedura de nocello. Unha baixa notable no aspecto ofensivo e que tentarán paliar cun mellor reparto dos seus ataques. Ademais, varias xogadoras pasaron por gripe esta semana e da recuperación dependerá o seu rendemento.