segunda división feminina

Un paso adiante

Tati Barcia disponse a golpear o balón nunha acción do partido de onte.
photo_camera Tati Barcia disponse a golpear o balón nunha acción do partido de onte.

O Matamá supera ó Racing para situarse a un punto do cuarto

O Matamá deu onte un paso adiante nas súas aspiracións por acadar ó final de tempada unha das prazas na Primeira División B feminina, que se creará a vindeira tempada. Para acceder a ela debe rematar entre os catro primeiros ou ser un dos mellores quintos clasificados dos diferentes grupos. Tras o enfrontamento de onte, ocupa a sexta posición a un punto do cuarto, precisamente o Racing Féminas ó que gañou (2-4). 
O partido medía a dúas formacións da parte alta da táboa e, no segundo minuto, a viguesa realizou unha combinación longa entre as tres xogadoras de ataque –Nati, Clo e Noe Pereira– para rematar o balón preto de Lore Codesada, que conecta un bo puntapé dende a frontal do área que supera a Güemes. 
Na última acción da primeira metade, Athenea aproveita un balón solto no área para cruzar ante Ani Durán e facer o empate. A igualada durou pouco porque Sara Álvarez 'Muñi' fixo o segundo tanto do Matamá ós tres minutos do segundo tempo. No obstante, o Racing igualou con celeridade e o enfrontamento non se resolveu ata o tramo final cando Nati e Clo, xa no desconto, anotaron os dous tantos cos que o Matamá adxudicouse a vitoria.

Racing Féminas: 
Güemes, Carlota Díaz, Lara Sierra (María Gutiérrez, min,. 41), Silvia Martínez, De la Fuente, Marta Moreno (Nerea, min. 70), Idoia Arrazubi (Puertas, min. 77), Paula Lavín (Salas, min. 70), Carmen Gutiérrez, Lucía Vallejo, Athenea. 
Matamá:
Ani Durán, Sara Álvarez 'Muñi', Sara Paz 'Pipa' (Mery Figueroa, min. 85), Nuria Torres, Lara Martínez, Sara Debén, Carol (Tati, min. 73), Lorena, Clo, Noe Pereira (Sara Porto, min. 83), Nati (Elena Pérez, min. 71).
Goles:
0-1, min. 2: Lorena; 1-1, min. 44: Athenea; 1-2, min. 48: Sara Álvarez; 2-2, min. 51: Paula Lavín; 2-3, min. 68: Nati; 2-4, min. 89: Clo. 
Árbitro:
Antonio Moroso. Sen cartóns. 

Te puede interesar