fútbol

Un heroico Areosa

Óscar, do Areosa, busca un remate ante o porteiro Aramburu
photo_camera Óscar, do Areosa, busca un remate ante o porteiro Aramburu

O equipo vigués neutralizou na segunda metade a renda do Oviedo

Nova fazaña do Areosa onte ante o actual líder da categoría, o Oviedo. A formación viguesa perdía por dous goles a cero no descanso, pero reaccionou no segundo tempo para empatar o partido. 
O enfrontamento comezou cunha mensaxe de ánimo ó porteiro local Pachi, lesionado de longa duración no tendón de Aquiles. Onte foi Mateo Rodríguez o que ocupou a portería do Areosa nun partido que iniciou con malas novas porque Joselu adiantou ó Oviedo ós oito minutos de partido.
O tanto invitaba a pensar nunha mala tarde no campo de Comesaña para os vigueses ante unha formación de gran nivel. Ademais, Joselu volveu marcar a falta de tres minutos para o intermedio.
Non obstante, o Areosa mudou o partido despois do descanso. Guillermo aproveitou unha pena máxima para apertar o marcador e Óscar, que volveu ser un pesadelo para o rival, fixo o empate pouco despois. O extremo do Areosa tivo dúas ou tres ocasións máis, pero errou no remate. Tamén o fixo o equipo visitante, especialmente no treito final.

Areosa: 
Mateo, Guillermo, Expósito, Lafuente, Peixoto (Antón, min. 58), Arnosi, Guisande (Carlos, min. 81), Taboada, Vilariño (Torres, min. 82), Saldaña, Óscar (Pacheco, min. 87).
Oviedo: 
Aramburu, Eloy, Ignacio García, Orviz, Moreno, Joselu Guerra (Del Olmo, min. 87), José Álvarez (Cueto, min. 77), Mier, Iván, Fran Moreno, Álvaro Blanco (Ángel Fernández, min. 46).
Goles: 
0-1, min. 8: Joselu; 0-2, min. 42: Joselu; 1-2, min. 50: Guillermo, de penalti; 2-2, min. 67: Óscar. 
Árbitro: 
David Iglesias Melón. Amonestou a Lafuente e Expósito polo Areosa e a Joselu Guerra polo Oviedo. 
Incidencias:
Partido disputado na Xunqueira. 

Te puede interesar