TRAIÑEIRAS EUSKOLABEL LIGA

Un día para pasar páxina

Tirán, con cambios e na rúa mala, asinou a penúltima praza en Ondarroa; gañou Urdaibai

A embarcación de Urdaibai, líder da Euskolabel Liga, toma unha baliza na regata de onte en Ondarroa.
A embarcación de Urdaibai, líder da Euskolabel Liga, toma unha baliza na regata de onte en Ondarroa.
Un día para pasar páxina

Un campo de regatas novo e a peor rúa para Tirán Pereira. A isto é preciso engadir que o técnico José Ángel Cambados 'Truco' apostou por varios trocos na tripulación nunha semana que semellou de probas e carga de traballo na "Mar do Con". O resultado foi unha undécima posición, soamente por diante de Astillero, que onte afundiuse de xeito case definitivo.
Polo tanto, foi unha das peores regatas do ano para a embarcación do Con, pero as diferencias foron escasas. Cruzou a chegada a menos de 15 segundos do sétimo, o que volve a amosar a igualdade na zona media da Euskolabel Liga este curso. Na xeral, Tirán Pereira continúa na sétima praza pero afástase de San Juan, que suma seis puntos máis e ten a Ondarroa a dous. 
A quenda inicial do día foi unha das máis importantes da xornada. Astillero acumulaba varias regatas onde estaba un punto por enriba de Ares e, na complicada misión de recortar diferenzas, tiña unha certa esperanza de fuxir do posto de descenso directo. Onte remataron as súas opcións porque pechou a regata e o bote coruñés foi segundo de manga para ser oitavo. Eleva a súa renda á doce puntos sobre a embarcación cántabra a falta de catro regatas para decidir o descenso e a promoción. Ares ten que pensar en estar ben na terceira semana de setembro para loitar por seguir na ACT no 'play-off'. 
A quenda intermedia foi a de Tirán Pereira e o primeiro longo amosou que non era o día nin a rúa. Penúltimo tempo no rego, o que sería unha constante en toda a regata mentres Zierbena marcaba o ritmo con San Juan e Ondarroa detrás. Os remeiros da "Mar do Con" tentaban evitar un exceso de perda de tempo, pero non o conseguían. Foi un mal día nun campo de regatas de mar aberto, pero nunha xornada de calma.
Para a quenda final quedou unha fermosa loita pola vitoria entre os dous mellores da clasificación xeral: Urdaibai e Hondarribia. Ían por carreiros pegados e estiveron dezaoito minutos proa con proa, prácticamente no mesmo segundo. Foi a tripulación de Bermeo a que tivo un punto máis nos metros finais para gañar a regata e empliar a súa diferente ó fonte da xeral a cinco puntos. O título pode estar loitado ata a última regata da tempada.n