fútbol

Un despertar con derrota

O Areosa perdeu onte ante o Bansander e está a dous puntos das posicións de permanencia.
photo_camera O Areosa perdeu onte ante o Bansander e está a dous puntos das posicións de permanencia.

O Areosa encaixou tres goles na primeira metade ante o Bansander e fúndese no descenso

Novo paso atrás do Areosa na loita pola permanencia. O equipo vigués perdeu onte de xeito claro ante o Bansander cántabro, un rival directo, e afástase da zona de permanencia, que agora está a dous puntos.
A formación local xogaba no seu campo, pero parece que chegou tarde ó partido porque encaixou tres goles no primeiro tempo ante un opoñente que, pola súa situación na táboa, debería ser dun potencial similar ós vigueses.
Antes de cumprirse o cuarto de hora, marcou Daniel Salas; pasada a media hora, foi Basurto o que superou a Mateo; e, a seis minutos para o descanso, Lucas Pérez anotou o terceiro tanto da formación de Santander. 
Xa quedaba pouco por facer no partido, pero tentouno o Areosa na segunda metade e incluso marcou ó transformar Santi Taboada unha pena máxima. Foi o único gol dunha xornada dura en Comesaña. O Areosa perdeu a opción de saír do descenso.

Areosa: 
Mateo Rodríguez, Pacheco, Cruz (Izzan, min. 62) Peixoto, Sergio Antón, Arnosi, Carlos Rodríguez (Guisande, min. 46), Taboada, Saldaña (Joao, min. 68), Óscar (Sergio, min. 75), Vilariño.
Bansander: 
Luis, Jorge González (Mejía, min. 83), Mora, España, Altadill, Salas, Merino, Basurto (Matías, min. 77), Campo (Guillermo, min. 80), Simón Pérez (Eric, min. 69).
Goles: 
0-1, min. 14: Salas; 0-2, min. 33: Basurto; 0-3, min. 39: Simón Pérez. 1-3, min. 71: Santi Taboada, de penalti.
Árbitro: 
Juan Luis Davila Fernández. Amonestou a Jorge González e Luis Samperio polo Bansander. Sen amonestacións no equipo local do Areosa. 

Te puede interesar