segunda división feminina

Entre o toque e a desorde

Vicky trata de parar unha internada da dianteira visitante Eva.
photo_camera Vicky trata de parar unha internada da dianteira visitante Eva.

O El Olivo goleou con facilidade ó Friol tras dez minutos de dominio do equipo visitante

Dez minutos de incertidume e oitenta dun monólogo claro, constante, tenaz e, por momentos, aburrido do El Olivo ante un renovado Friol. 
O conxunto lucense, un dos mellores equipos da categoría nas últimas tempadas, amosou onte que coa renovación deste verán perdeu moito potencial, a pesar de que a dianteira Eva é unha das mellores futbolistas da liga. De feito, o equipo visitante creou incertidume e perigo cada vez que o esférico chegou á atacante, o negativo para as visitantes é que só o tocou nos primeiros dez minutos. 
Na primeira chegada con perigo do equipo local, Pauleta conectou un excelente puntapé dende a frontal do área que superou a Jessi e, a partir dese instante, o Friol soamente chegou nunha ocasión a portería de Sheila Fernández con perigo.
O El Olivo comezou a tocar o esférico na medular con criterio e pouco a pouco se foron sudecenso as ocasións. Na primeira metade fallou Carol, Pauleta de novo e tamén Katy. Non obstante, o segundo tanto non entrou ata a segunda metada. 
Juan Carlos García 'Charlie' optou por deixar ó equipo sen dianteira centra específica para engadir certa desorde ordeada ó ataque con innumerables chegadas dende a segunda liña. A isto engadiuse que Natalia Sánchez, na cuarta ocasión clara do segundo acto, conectou un puntapé dende fóra do área que volveu a superar a Jessi. Segundo tanto e festival do El Olivo, que anotou ata cinco goles que puideron ser uns cantos máis porque as ocasións foron numerosas e continuas e, especialmente Carol, tivo un particular día negro no remate. 
O terceiro anotouno Carla González nunha falta directa, o cuarto levou a sinatura de Natalia tras una xogada de Carla e o quinto chegou nun remate de cabeza. En definitiva, unha conta elevada ata as cinco dianas que mantén ó El Olivo a tres puntos do líder, o Villestro e, agora, na segunda praza tralo tropezo do Sárdoma. Onte resultuo un rendible monólogo de toque oliva.

El Olivo: 
Sheila, Lo, Andrea Mirón, Vicky, Carla Otero (Andrea Mariño 'Drus', min. 70), Pauleta, Sara Tui, Natalia Sánchez (Jessi Vicente, min. 72), Carol, Carla González (Tami, min. 72), Katy (Xeila Márquez, min. 53).
Friol: 
Jessi (Tati, min. 72), Tere, Yani (Patri, min. 60), Rai, Raquel (Vicky, min. 13), Ana (Antía, min. 74), Ceci, Sabela, Rosado, Natalia, Eva.
Goles: 
1-0, min. 12: Pauleta; 2-0, min. 67: Natalia Sánchez; 3-0, min. 69: Carla González; 4-0, min. 71: Natalia Sánchez; 5-0, min. 81: Lo. 
Árbitro: 
David Benavides. Amosou cartón amarelo a Tere, e Eva polo Friol. Sen cartóns no El  Olivo. 
Incidencias:
Partido disputado no Pahíño de Navia con, aproximadamente, 200 persoas no graderío. 

Te puede interesar