LIGA ACT 

Tirán sitúase a un punto de San Juan

A traiñeira de Tirán Pereira asinou onte unha nova vitoria parcial sobre a embarcación de San Juan na primeira xornada da bandeira de Zarautz de traiñeiras e queda a un punto da embarcación vasca a falta de tres regatas para dilucidar a posición de descenso directo e de promoción de permanencia.
photo_camera A traiñeira de Tirán Pereira asinou onte unha nova vitoria parcial sobre a embarcación

A traiñeira de Tirán Pereira asinou onte unha nova vitoria parcial sobre a embarcación de San Juan na primeira xornada da bandeira de Zarautz de traiñeiras e queda a un punto da embarcación vasca a falta de tres regatas para dilucidar a posición de descenso directo e de promoción de permanencia.

O barco moañés pecha a táboa e o de Pasaia é penúltimo.
Nunha xornada de mar duro, con vento e ondas superiores ó metro de altura, a "Mar do Con" repetiu a actuación de xornadas precedentes nas que comezou por detrás de San Juan, pero no segundo treito xa estaba por diante. A partir de aí foi unha loita continua por manter o posto e tentar disminuir a diferenza con San Pedro, cabeza de regata. No derradeiro longo, co mar de popa e con entrada polo costado, o barco cabeceiro optou por unha táctica conservadora para evitar unha posible remontada de Tirán. Mantívose pola rúa e o bote moañés non puido aproveitar a caída cara o primeiro carreiro. Aínda así, tomou unha onda a douscentos metros da chegada que deixou atrás de xeito definitivo a San Juan. Como aspecto amargo, non se meteu ningún barco entre os dous últimos da xeral porque Kaiku fixo unha regata desastrosa e para a segunda quenda baixou algo a forza do vento.
Gañou Urdaibai tras mandar entre os mellores con autoridade con Hondarribia en segunda posición. Cabo da Cruz finalizou cuarto para confirmar o seu bo momento nunha regata de prestixio e que onte, con ondas e vento, foi un test máis que notable para a bandeira da Concha. Hoxe é a segunda xornada (12:00, TVG2) e Tirán buscará igualar, por primeira vez na tempada, a San Juan.

Te puede interesar