traiñeiras

Tirán colle aire e moral en Pasaia

Tirán colócase na saída dunha regata na que deu moi boa imaxe.
photo_camera Tirán colócase na saída dunha regata na que deu moi boa imaxe.

Tirán Pereira refrendou onte a melloría que amosou a fin de semana pasada, cando tras avisar o sábado en San Sebastián, superou no man a man a San Juan o domingo en Castro Urdiales. Foi a primeira vez que acontecía na tempada e onte, en Pasaia, foi a segunda. 


O bote moañés executou unha gran regata, cunha boa saída na que mantivo o tipo con Kaiku e San Pedro, que se escaparon tralo primeiro longo. A proba convertiuse nun man a man entre elas, que se adiantaban continuamente no segundo longo. Pero na segunda ciaboga, Kaiku aumentou o ritmo e escapouse ata asegurar a primeira posición da quenda. Tirán, nun gran final, recurtou distancias con San Pedro ata os dous segundos para deixar a sensación de que cun longo máis o tería pasado.
Na segunda quenda, Cabo da Cruz afundiuse e a piques estivo de facer peor tempo que Tirán, que quedou a pouco máis dun segundo dos boirenses. Na terceira quenda, Urdaibai impuxo a súa lei e volveu a apañar un trunfo. Hoxe, os dous barcos galegos bogarán na primeira quenda en Orio (11:45, TVG2).n

Te puede interesar