traiñeiras

Tirán afronta a doble cita de Guipuscoa a vida ou morte

Tirán atópase nunha situación moi delicada na táboa.
photo_camera Tirán atópase nunha situación moi delicada na táboa.

 As semanas corren, as regatas dispútanse unha tras outra pero a melloría de Tirán non chega.

O "Mar do Con" está xa nunha situación límite na Liga ACT. Ocupa o último lugar da clasificación e o que é peor, está completamente descolgada da loita pola permanencia. San Juan, penúltimo clasificado, lévalle nove puntos á embarcación moañesa.
A día de hoxe, saír do faroliño vermello e conseguir remar pola permanencia nunha promoción semella o obxectivo principal de Tirán. Coa Liga en pleno ecuador, o barco morracense afronta unha fin de semana en Guipuscoa na que precisa recortar puntos con San Juan e con Kaiku.
A primeira oportunidade tena hoxe a partires das 18:00 horas. Será na segunda Bandera ADEGI, nos arredores de San Sebastián, na Bahía de Pasaia. Os 5.556 metros do percorrido distribúense en seis longos e cinco ciabogas. Será co tradicional sistema en liña, repartido en tres tandas. Tirán bogará na primeira xunto a San Juan, que navega en casa, Kaiku e San Pedro. Na segunda estarán Ondarroa, Donostiarra, Cabo de Cruz e Santurtzi. Na terceira e última, na que previsiblemente se xogará a vitoria, bogarán Orio, Ziérbena, Hondarribia e o líder Urdaibai, ata o dagora o gran dominador da competición.
Mañá pola mañá, dende as 11:45 horas (TVG2), terá lugar a sexta Bandera de Orio, a segunda das citas ACT da fin de semana, e tamén a segunda oportunidade para que Tirán poida recortar puntos. O sistema será o mesmo, inda que o percorrido terá catro longos e tres ciabogas e as tandas responderán ó resultado na regata de hoxe.
Ademáis, ambalas dúas probas terán tamén regata da Liga Feminina, que domina San Juan con claridade, seguida de Orio e na que non toma parte ningunha embarcación galega. n

Te puede interesar