terceira división

Tira pola dereita

Yerai anotou un gol e deu dúas asistencias no encontro de onte.
photo_camera Yerai anotou un gol e deu dúas asistencias no encontro de onte.

O Choco desbordou ó Betanzos con tres tantos en vinteún minutos para situarse a dous puntos da promoción de ascenso a Segunda B

Cara a dereita. Polas priximidades da liña lateral próxima a Yerai o Choco atopou onte unha autoestrada sen peaxe. Tres tantos en vinteún minutos para resolver o encontro ante o Betanzos e aproveitar o tropezo do Cerceda, o Choco está agora a dous puntos da promoción de ascenso. 
Tiña Jacobo Montes dúbidas antes de comezar o encontro porque as baixas obrigábanlle a reconvertir a un central a pivote ou a retrasar a un mediaputna como Caloi a esta posición. A súa filosofía de fútbol ofensiva gañou, executou a opción atrevida e funcionou. En gran medida, porque a afectividade dos de Redondela evitou posibles agobios defensivos.
No segundo minuto de xogo, unha asociación entre Caloi e Pablo Couñago rematou co man a man de Yerai e o tanto de disparo cruzado. Oito minutos despois, o extremo desbordou de novo e puxo o pase atrás para o remate de Robere, antes de chegar o ecuador da primeira metade, Yerai volveu a superar á defensa visitante e, nesta ocasión, o centro aproveitouno Pablo Couñago. O dianteiro pechou a goleada na segunda metade.

Choco: 
Cortegoso, Miguel, Saúl, Lucas, Cristian, Caloi (Rafa Pérez, min. 65), Yerai (Rober, min. 73), Xosé Ramón, Rober, Curri, Pablo Couñago (Gonza, min. 65).
Betanzos: 
Alfonso Castro, Roberto, Pablo Vigo, Cardelle, Gonzalo (Carballeira, min. 58), Crístobal, Pombo, Pablo Temprano, Piquer, Sergio González (Quintela, min. 71), Tomás Pérez (Fraga, min. 46).
Goles: 
1-0, min. 2: Yerai: 2-0, min. 10: Rober; 3-0, min. 21: Pablo Couñago; 4-0, min. 61: Pablo Couñago. 
Árbitro: 
Manuel Vidal Araújo. Amosou cartón amarelo a Pablo Temprano, Sergio González e Gonzalo polo Betanzos. Sen amonestacións no Choco. 

Te puede interesar