segunda división feminina

Tania Penedo otorga a vitoria ó Erizana

Tania Penedo, que anotou o gol, trata de superar a unha rival.
photo_camera Tania Penedo, que anotou o gol, trata de superar a unha rival.

 A dianteira do Erizana Tania Penedo apereceu no tempo engadido para anotar o único gol do partido de onte entre o Zamora e o Erizana e facilitar e primeira vitoria do curso do conxunto de Baiona.


O equipo do Val Miñor chegaba a este encontro con certa urxencia ó non puntuar nas dúas primeiras xornadas e atopouse a un rival que comparte co Erizana o obxetivo de manter a categoría. 
Por este motivo, as precaucións marcaron o encontro ata que nos instantes finais chegou o tanto do conxunto de Baiona por medio de Tania, o seu referente en ataque.

Zamora: 
Marta Mangas, Cristina, María Hernández, Sara (Andrea Gutierrez, min. 89), Cintia, María Gómez (Cristel, min. 71), Lara Pastor (Sara Garzón, min. 58), María González (Herrero, min. 46), María Pérez, Patri Salgado, Lara Morín. 
Erizana:
Ardi, Laudith, Sandra Serrano, Catu (Alba, min. 75), Keka (Lara, min. 61), Uxía, Lucía Camisón, Lucía Fernández, Paula Alonso, Álex Pichel (Ana Sánchez, min. 89), Tania Penedo. 
Gol:
0-1, min. 89: Tania Penedo.
Árbitro:
Víctor Manuel Guillén. Amosou cartón amarelo a Patricia Salgado e María González polo Zamora e a Paula Alonso polo Erizana. 
Incidencias:
Partido correspondente a terceira xornada de liga no grupo I da Segunda División femenina.

Te puede interesar