triatlón

Un superhome galego

Javi Gómez Noya chega a Peinador e saúda as personas que lle tributan un aplauso.
photo_camera Javi Gómez Noya chega a Peinador e saúda as personas que lle tributan un aplauso.

Gómez Noya, actual campión do mundo, chegou a Peinador onte tras "a tempada de máis éxitos da miña carreira"

Estocolmo, Edmonton, Mont-Tremblant e Pekín. Un mes lonxe da casa que serviu a Javi Gómez Noya para adxudicarse o seu cuarto Campionato do Mundo de triatlón, ó que engadiu un segundo título universal, o conquistado na distancia de medio ironman. 
Onte regresou a casa na terminal de Peinador na que o esperaron medio centenar de seguidores e na que recoñeceu que "a temporada foi moi exitosa, probablemente a de máis éxitos da miña carreira. Gañei o Mundial en Edmonton e despois o Mundial de Medio Ironman, que a verdade non o esperaba. Este ano traballei moitísimo, pero cando este traballo dá resultados é máis fácil". 
Por este motivo, o triatleta ferrolán afincado en Pontevedra indica que "para os meus rivais supoño que sería una ano complicado, pero para min tamén son outros moitos por culpa deles. Aínda que gañei con certo marxe o Mundial, houbo carreiras moi difíciles e superáronme en algunhas os Brownlee ou Mario Mola. O nivel é altísimo e se tes un despiste ou un erro pasas do primeiro posto ó décimo". Debido a isto, Gómez Noya indica que "mellorei algunhas cousas, na carreira a pé estaba moi rápido e antes de ir a Estocolmo encontrábame moi ben. Alí non puiden render polos problemas estomacais e foi unha pena, pero atopábame moi ben. Fixen todo o ano un moi bo traballo e moi duro. Tiven épocas nas que non facía outra cousa máis que adestrar, comer e durmir".
Unha filosofía de traballo e adestramento extremo que soamente se pode manter cunha forza de vontade de ferro. "A tempada é moi longa e para manterse a este nivel é unha cuestión mental. Non creo que gañe as carreiras por calidade, que evidentemente algo tes que ter para estar a este nivel, pero creo que gaño por moito traballo e moito sacrificio e facelo mellor que os demais, se queres gañar", explicou Gómez Noya. 
Unha das chaves para soportar cargas de traballo extremas e xornadas de adestramento de ata oito horas é que "desfruto do que fago. Gústame adestrar tódolos días, gústame pulir erros e mellorar. Aínda que o ritmo de vida que levo é duro, considérome un privilexiado por dedicarme ó que me gusta e que as cousas saian ben. É un motivo de alegría e non podo estar máis contento de como foron as cousas este ano", recoñece o triatleta cun sorriso. 
Gómez Noya non para e, a pesar de que a tempada aínda non rematou "xa estiven dándolle voltas e facendo un pequeno calendario de cara o ano que ben, ademais de pensar en concentracións. É preciso planificar todo porque, cando dáste conta xa está aí a tempada e, de pronto, chegan a dos Xogos de Río, o obxectivo a medio prazo".
Sobre a súa posible candidatura ós premios Laureus indicou que "é un orgullo. Tódolos premios externos que poidan vir polos resultados son motivo de alegría, pero non lle dou voltas, porque é algo no que non podo influír. Se existe alguén que o valora, pois estupendo".n

Te puede interesar