segunda división b

Sucesos paranormais

Juan Hernández, que anotou un gol, trata de chegar ó balón nunha acción do partido de onte en Barreiro.
photo_camera Juan Hernández, que anotou un gol, trata de chegar ó balón nunha acción do partido de onte en Barreiro.

O Celta B empatou en dous minutos cando parecía que ía perder ante a Segoviana

Balóns que se escurren entre as mans, despexes inexistentes, o porteiro que introduce o esférico na súa portería, paradas imposibles, agasallos, remontadas impensables e final pouco probable. O partido de onte en Barreiro entre a Gimnástica Segoviana e o Celta B tivo todos os imprevistos posibles, sucesos contra a lóxica do xogo que admiten o estudio das ciencias ocultas por parte de Iker Jiménez. 
Soamente así poden tratar de explixarse os feitos acontecidos onte no campo de Barreiro e que deixan á formación viguesa cun empate na cuarta posición que pode perder hoxe. 
A primeira metade foi de total mando céltico. Tivo tres ocasións claras, todas elas de Juan Hernández. Na primeira, tras acción de Pampín, sacou Pablo. Despois o dianteiro realizou dous desmarques ás costas da defensa, pero chegou antes do gardameta por centrímetros para despexar e evitar o man a man. Incluso podería falarse dunha cuarta con centro de Drazic e agarrón sobre o propio Juan que o árbitro chegou tarde para poder velo. 
Dominio vigués ata que, case sen explicación lóxica, un saque de curruncho para os locais convírtese nun contragolpe en superioridade da Segoviana, o excéltico Fernán aguantou á chegada de Arribas. Puntapé non moi forte ó que parecía chegar Jero, pero o balón pasa entre as súas mans de xeito impredecible. Incríble, pero realidade.
Deste xeito, o equipo vigués marchou por debaixo no tanteador ó descanso sen chegar a saber o motivo e saiu con intención de remontar ante unha Segoviana que, a pesar de estar na zona baixa da táboa, amosou un extraordinario trato do balón en Barreiro, moi superior á maioría dos equipos que pasaron ata o momento polo campo de Lavadores. 
Dennis Eckert protagonizou as dúas primeiras accións de ataque do segundo acto, primeiro enviou un remate alto e despois asistiu Juan, que rematou cruzado e fóra por pouco.
Xa ían máis de dez minutos sen sucesos extranos en Barreiro e tiña que chegar un novo capítulo da particular sesión de sucesos paranormais. Arribas golpeou a portería unha falta de 30 metros que ía centrada. Jero optou por sacar os puños en lugar de atallar, e o balón, lonxe de salir repelido, marchou cara ó fondo da portería. Inexplicable, pero certo. O equipo vigués estaba dous goles abaixo ante un rival que marcou case sen dispoñer de ocasións. 
Aínda quedaban minutos e os fenómenos de dubidosa explicación estaban lonxe de rematarse. O encontro mudou en dous minutos. Gol por minuto para o empate coa colaboración da defensa local. Álex, co balón controlado, optou polo despexe, Juan puso a perna e o rebote saiu cara o centro. Recolleu Molina na frontal, disparou preto do pau e marcou o primeiro gol local. Pablo, acertado na primeira metade, estivo lento. 
No seguinte ataque, un balón longo rematou en pés de Marcos, tiña todo para poñer o despexe na Avenida de Ramón Nieto cruce con Subride. Pero inexplicablemente deixouno a dous metros, onte estaba Drazic, que combinou con Juan e este disparou preto do pau.
Aínda quedaban vinte minutos, parecía que gañaría o Celta B, pero Anel e Agus Alonso sacaron sendos balóns debaixo da súa portería.

Celta: 
Jero, Riki, Ros, Robert, Pampín, Rai Marchán, Dani Molina, Juan Hernández, Drazic, Agus, Dennis (Aarón, min.67).
Gimnástica Segoviana: 
Pablo, Asier, Álex Alonso, Marcos, Anel, Manu, Agus Alonso, Fernán, Arribas (Kike, min.77), Calleja (Domingo, min.79), Leira (Rubén, min.90).
Goles: 
0-1, min. 42: Arribas; 0-2, min. 58: Arribas; 1-1, min. 70: Dani Molina; 2-2, min. 71: Juan Hernández. 
Árbitro: 
Vázquez González. Amonestou a Rai Marchán e Drazic, no Celta e a Anel, Álex Alonso e  Domingo pola Gimnástica. 
Incidencias:
Partido xogado no campo Municipal de Barreiro ante, aproximadamente, 200 espectadores. 

Te puede interesar