Fútbol

Sorpresiva vitoria do Alondras

O Alondras gañou onte no campo do Morrazo.
photo_camera O Alondras gañou onte no campo do Morrazo.

O Alondras acadou na xornada de onte unha importante e sorprendente vitoria ante o Sporting de Gijón, quinto clasificado, e avanza ata ao sétimo posto na clasificación da División de Honra xuvenil.


O equipo asturiano saiu ó terreo de xogo centrado e con intención de facer dano ós de Cangas. Deste xeito, adiantáronse no tanteador ós vinte minutos de xogo por medio de Viti nunha boa xogada colectiva. 
O tanto pareceu espertar ó equipo do Morrazo ou, dalgún xeito, relaxou ós visitantes. O encontro igualouse e, pouco despois, o Alondras aproveitou dúas xogadas a balón parado para dar a volta ó partido e acadar a vitoria.
Os goles contaron coa colaboración do porteiro Pedro. Na primeira ocasión, o gardameta errou un despexe e cabeceou o esférico Cris. Na segunda ocasión, non atrapou un disparo e, esta vez, sería Sergio o que meteu o pé para poñer ó Alondras en vantaxe.
O tanto supuxo o espertar dun Sporting ó que lle entrou a présa. Mala acompañante ante un equipo cangués que se pechou con efectividade e que contou con boas intervencións de Rulo. Unha vitoria de moito mérito.

Alondras: 
Rulo, Carlos (Pol, min. 85), Sergio, Samu, Cris, Borja, Diego (Dani, min. 51), Álex, Champi (Beto, min. 86), Pasto, Luismi (Gabri, min. 80).
Sporting de Gijón: 
Pedro, Riki, Andrés, Omar, Pelayo, Isma (Pedro Díaz, min. 46), Hugo, Martín (Bertín, min. 71), Álvaro, Pablo (Jairo, min. 65), Viti (Miguel, min. 75).
Goles: 
0-1, min. 20: Viti; 1-1, min. 49: Cris; 2-1, min. 60: Sergio. 
Árbitro: 
Daniel Arias Penas. Amosou cartón amarelo a Borja e Pasto polo Alondras e a Pedro e Isma polo Sporting de Gijón. 
Incidencias:
Partido disputado no campo de O Morrazo.

Te puede interesar