Deportes

Solange puxo a calidade

As pistas de atletismo acolleron a primeira xornada das Series Municipais de atletismo.
photo_camera As pistas de atletismo acolleron a primeira xornada das Series Municipais de atletismo.

A atleta canguesa gaña os 800 metros na primeira proba do ano das Series Municipais

As pistas de Balaídos acolleron este domingo a primeira cita das Series Municipais nunha mañá solleira e que, nas primeiras horas, estivo marcada polas baixas temperaturas. 
A competición estaba programada para atletas dende a categoría cadete ata a sénior e a canguesa Solange Pereira foi a figura de maior nivel sobre o tartán vigués. A mediofondista impúxose con menos claridade da prevista nos 800 metros femininos, debido a gran actuación de Raquel Meaños (AD Mazi), que cruzou a chegada no mesmo segundo que Pereira. 
Foi unha das probas con maior nivel das disputadas na cita inaugural das Series Municipais. Pedro Juncal e Andrea Pais (200 metros), Daniel Losada e Blanca Armenteros (600 m.), Miguel Otero (800 m.), Iván Docampo e Sofía Freaza (3.000 m.), Lucía Ferrer e Alberto Vázquez (60 m. v.), Miguel Cajaraville e Beatriz Viteri (pértiga), Olaia Becerril (lonxitude), Pablo Brieva (triple), David García e Raquel Villa (peso) e David García e Ana Magdalena (martelo) completaron o cadro de gañadores da xornada na beira do río Lagares.
O próximo domingo volven as Series Municipais de atletismo coa segunda xornada en Balaídos. De novo, decenas de atletas buscarán unha boa actuación no tartán vigués.n

Te puede interesar